Do 19 ao 22 de febreiro Milán acolleu un ano máis unha nova edición da “Borsa Internazionale del Turismo” na que a cidade de Lugo participou como expositor de Turespaña acompañado por Turgalicia, Santiago de Compostela e o Camiño de Santiago.
Lugo tivo unha acollida moi boa como destino turístico entre o público asistente á feira e os profesionais do sector, como empresas especializadas en viaxes, na organización de eventos e páxinas web relacionadas co mundo do turismo.

Hoxe foi un día histórico para o Azkar Lugo. O club lucense que neste ano 2009 cumpre 25 anos de historia, escribiu unha páxina máis na súa humilde historia como club de fútbol sala. E é que hoxe se deu a coñecer que A Súa Alteza Real, a Infanta Dona Elena, así como o seu fillo, o Excmo. Sr. Don Felipe de Marichalar de Borbón, aceptaron a proposta da entidade galega para ser socios de honra do club.
No mes de setembro do pasado 2008 o club púñase en contacto coa Casa Real para facer a petición.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e Antonio Campanón Sanjurjo, representante da E.I.L INSERGAL S.L., asinaron un convenio de colaboración para facilitar a inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero.
O obxectivo é a consecución da formación, asesoramento e emprego para acadar a inserción laboral do colectivo de vítimas da violencia de xénero adscritas á Concellería de Muller e Benestar Social.
A Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de Teatro Grecolatino de España
Nesta ocasión Lugo contará con seis actuacións teatrais, se veñen desenvolveldo dende o luns día 9 de marzo e que se alongarán ata o mércores día 11.
Os alumnos de máis de 90 centros escolares de toda a provincia asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na xuntanza da Asamblea Xeral da Rede de Cidades Catedralicias, da que forma parte Lugo.
Na reunión, que tivo lugar en Ávila, cidade que preside a rede neste ano 2009, decidiuse a celebración do Día das Catedrais cada cuarto sábado do mes de Outubro.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal, recibiron na Casa do Concello ao xoven lucense gañador da medalla de prata na XXVI Olimpiada Galega de Química celebrada no mes de febreiro, David Gómez.
O estudante de segundo de Bacharelato do Colexio Fingoi explicou aos asistentes ao acto a súa preparación para esta competición, así como o desenvolvemento das proba que constou de dúas partes: unha de problemas e outra de cuestións teóricas e un experimento.
O Alcalde resaltou á satisfacción de recibir no Concello aos mozos que levan o nome de

A primeira xuntanza da Comisión de seguemento da reestructuración da Policía Local celebrouse na Casa do Concello hoxe, luns 9 de marzo.

Os Premios Entre Mulleres 2009 foron entregados polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e pola Delegada Provincial de Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Branca Rodríguez Pazos, nun acto que tivo lugar este venres, 6 de marzo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
O vindeiro domingo, 8 de marzo, terá lugar un torneo amistoso de kárate infantil-xuvenil da provincia de Lugo organizado polo Concello de Lugo.
Este torneo supón o primeiro contacto para as categorías alevines e infantiles e que servirá de preparación para o campionato galego que esta previsto que se celebre a finais do mes de marzo.
Entre os competidores que tomaran parte neste evento, destacan, Carmen Linares, German Linares o Mara Vila, integrantes da última selección galega que representou á nosa autonomía no Campionato de España.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao director francés, Jacques Sechaud, e o director de producción, Thierry Baudrais, que próximamente rodarán en Lugo a película Suerte.
Os directores explicaron ao Alcalde que utilizarán o vello cárcere ao longo de 7 días como principal escenario no que se desenvolve o argumento do filme adaptado a partir dunha novela homónima de Claude Lucas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1601
- 1602
- 1603
- 1604
- 1605
- 1606
- 1607
- 1608
- 1609
- …
- seguinte ›
- última »