
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal recibiron esta mañá na Casa do Concello ao Ministro de planificación e Desenvolvemento de Costa Rica, Roberto Gallardo Núñez, que está a visitar Galicia.
Ambos os dous mandatarios manifestaron o seu interese por establecer lazos culturais e comerciais entre Lugo e o país caribeño para dar a coñecer que pode ofrecer cada un dos territorios.
O Concello de Lugo organiza, un ano máis dende o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias o novo ciclo de Videoforum Infantil no que se utiliza o recurso da imaxe como ferramenta pedagóxica.
Dende fai catro anos comprobouse que a través do cine vivencianse emocións e situacións; propician poñerse no lugar do outro e sentir como éste o pode estar pasando, en definitiva incentiva a comprensión do outro desenvolvendo a empatía.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, membros da Corporación Municipal, representantes do Club Emevé e outras autoridades, descubrirán o vindeiro domingo, 28 de xuño, na Casa do Deporte do Concello de Lugo unha placa na honra das xogadoras do Emevé falecidas nun tráxico accidente de tráfico o pasado mes de maio. Neste acto tamén estarán presentes familiares e amigos das rapazas.

O acto de entrega desta distinción celebrouse hoxe no Ministerio de Sanidade e Política Social en Madrid
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recoñeceu esta mañá “o traballo silencioso dos homes e mulleres de toda España que colaboran na loita contra as drogas”.

O Arde Lucus MMIX continúa coas máis de 250 actividades programadas pola Concellaría de Xuventude que dirixe Rosana Rielo. Hoxe a cidade, que volve ás súas orixes romanas, vive un dos seus días grandes de festa. Ao longo do día serán moitas as actuacións e espectáculos que axudarán a recrear o ambiente de Lucus Augusti.

Chega a última xornada do Arde Lucus MMIX, pero a actividade non decae e contará cun intenso programa no que destacan as Olimpíadas nas que se enfrontarán os campións das lexións romanas e das tribos celtas de Lucus Augusti.

O presidente da Deputación presidiu o acto de clausura do curso académico 2008/2009, que tivo como Padriño de excepción ó presidente dunha das empresas máis importantes de dobraxe de España, Elías Rodríguez
No acto presentouse o DVD “Proxectos EIS 2004/2009”, que recolle os 5 anos de traballos producidos e realizados polos alumnos.
O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este xoves o curso académico 2008-2009 da 5&
A Mesa de Contratación do Concello de Lugo abriu onte as plicas para a contratación das obras de peonalización do Parque de A Milagrosa, Fase 1, incluídas dentro dos 79 proxectos do Fondo Estatal de Investimento Local de Lugo.
Foron oito as empresas que presentaron a súas ofertas, aínda que unha foi inadmitida ao non presentar todos os requisitos.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior da USC, Jesús Casabiell, a directora de Palimoco Teatro, Paloma Lugilde; e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao presentaron a V edición do ciclo formativo Teateatre, organizado conxuntamente polo Concello de Lugo, a USC, a Escola de Arte e Lecer e Palimoco Teatro.
Lugo acolle o domingo 28 de xuño a última fase do Campionato Galego de Automodelismo que xa disputou a súa primeira etapa a pasada fin de semana, e que foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo e o Vicepresidente do RC-Lugo Jemy Arias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1585
- 1586
- 1587
- 1588
- 1589
- 1590
- 1591
- 1592
- 1593
- …
- seguinte ›
- última »