
O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado terrorista perpetrado esta mañá contra o cuartel de Palmanova en Palma de Mallorca, e amosa a súa repulsa radical a quen con desprezo ao dereito máis fundamental, o dereito á vida, tratan de acovardar ao conxunto da cidadanía.
Nestes momentos tan difíciles os lucenses unímonos á dor das familias dos dous Garda Civís brutalmente asasinados.

* Considera neceario “axilizar e outorgar unha boa definición ás obras das Gándaras para poder ofertar solo industrial, un polígono moderno e nas mellores condicións”
* Destaca que son empresas que apostaron por Lugo para desenvolver a súa actividade e que están obtendo grandes éxitos

* Os cursos sobre a ITE nos que participan máis de 150 profesionais comezan esta tarde no Centro Social Maruja Mallo
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe unha xestión do turismo “moderna e profesional” baseándose no asesoramento que recomenda a creación dunha empresa mixta de xestión turística. Trátase, como explicou, dun documento que aconsella a creación dunha empresa mixta na que participen o Concello e a iniciativa privada.
A Escola Infantil Municipal de Serra de Outes celebrará mañá o fin do curso escolar 2008-2009 cunha festa na que participarán preto de 50 nenos e nenas que estarán acompañados polos seus pais e nais, polos mestres e polo Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro.

O Concelleiro de Protección da Comunidade e voceiro municipal, José Rábade, deu conta hoxe da oferta de 18 novas prazas de emprego público que veñen a sumarse ás xa existentes en 2008 “permitindo avanzar no compromiso coa creación de emprego estable e de calidade”. Tal e como destacou José Rábade, a oferta pública de emprego do Concello, 45 prazas en 2009 e 77 en 2008, supoñen a creación de 122 novas prazas en menos de dous anos de mandato.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron esta mañá o Centro de Convivencia de Fingoi onde se están a celebrar diferentes actividades organizadas polo Concello para a tempada de verán.
Os máis de 30 participantes na clase de bioximnasia compartiron con López Orozco as súas experiencias con esta práctica que permite relaxar o corpo e activar a enerxía bloqueada.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, deu a coñecer hoxe os datos do número de turistas atendidos na Oficina de Turismo Municipal que reflicten un incremento do 25% no mes de xullo con respecto ao mesmo período do ano anterior. Estes datos demostran, tal e como destacou a concelleira, “a consolidación da cidade de Lugo como destino turístico cultural e de calidade”. “O Concello de Lugo seguirá apostando por un sector estratéxico para a cidade”, expresou.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas dos cursos do programa Lugo, Emprego Activo e do plan FIP.
O ciclo de concertos ao aire libre ‘Entre lusco e fusco’, que durante o mes de xullo achegou á cidade luguesa as actuacións de grupos galegos de diferentes estilos, chega ao seu fin este mércores 29 ás 21:00 horas, coa intervención de Nordestiñ@s no Anfiteatro do parque Rosalía de Castro. Esta iniciativa do convenio Lugo Cultural pretendía recuperar zonas naturais como espazo escénico aberto para a música.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1575
- 1576
- 1577
- 1578
- 1579
- 1580
- 1581
- 1582
- 1583
- …
- seguinte ›
- última »