
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que ven de remitirlle unha carta ao presidente da Xunta na que lle solicita unha entrevista para “saber como están os temas pendentes coa cidade e poder avanzar así na súa modernización”.

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá o estudo de detalle formulado para o reaxuste das aliñacións e rasantes de parte das vías contempladas na modificación puntual do PXOU na zona comprendida entre a Ponte Romai e a Ponte da Estación.
A Escola de Educación Infantil de Serra de Outes, dependente da Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, comezou hoxe, mércores 2 de setembro, a actividade do novo curso escolar 2008-2009.
O pasado martes 1 de setembro celebrouse unha xuntanza informativa para pais e nais que tivo lugar na mesma escola. Os técnicos informaron aos pais e nais dos alumnos e alumnas do centro sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e trataron todos aqueles temas nos que podían ter dúbidas.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta mañá na Xunta Local de Seguridade na que se estableceu o dispositivo que operará na XXXI edición do Rally San Froilán. A competición desenvolverase o próximo día 5 de outubro e terá un percorrido de preto de 100 km.

Entre o 7 e o 12 de setembro os mozos e mozas lucenses terán unha nova cita deportiva Campus 2009 Lugo é Basket organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, así como a Federación Galega de Baloncesto e a Deputación Provincial de Lugo.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron este mañá a exposición Pioneiras: Mulleres Empresarias Galegas, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade e instalada no CEI-NODUS do Concello de Lugo. López Orozco subliñou o traballo das mulleres empresarias galegas que “representan o espíritu emprendedor que necesitamos para reactivar a nosa economía”.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, deu conta esta mañá do nivel de execución do presuposto no primeiro semestre do ano 2009. Así, destacou que o Concello de Lugo mantén o equilibrio presupostario, ao tempo que avanzou que o Goberno Local traballa na elaboración dunhas contas para o 2010 “serias e adaptadas ás circunstancias que viven os concellos”.
Hoxe comezan a funcionar de novo as asesorías xuvenís que dependen da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.
O obxectivo que persegue o Goberno Local coa posta en marcha destas asesorías é axudar aos mozos e mozas a afrontar as inquedanzas que lles poden xurdir coa súa incorporación ao mundo adulto, ofrecéndolles un asesoramento cualificado que lles axude a despexar este tipo dúbidas. Por iso o Concello mantén as seguintes asesorías:
O 5º Concurso de Tapas de Lugo organizada pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo conta xa cos 40 establecementos que participarán nesta nova edición.
Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que ten un máximo de 20 participantes cada unha) tradicional ou creativa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, valora o anuncio do Ministro de Fomento de converter a contorna da estación ferroviaria da cidade nunha estación intermodal onde conflúan todos os servizos de transporte da cidade: a estación de autobuses e a estación de tren.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1570
- 1571
- 1572
- 1573
- 1574
- 1575
- 1576
- 1577
- 1578
- …
- seguinte ›
- última »