O Concello de Lugo está a instalar estes días un circuíto saudable de exercizos destinados para os maiores na carballeira grande de Cea de Olga.
Son un total de 11 exercizos os que se están preparando neste espacio.
O Alcalde, José López Orozco, acompañará mañá, xoves, ao Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, no acto de exposición sobre o cambio climático que se desenvolverá no Salón de actos da Fundación Caixa Galicia.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía Sonia Méndez, xunto con representantes da dirección da Cámara de Comercio lucense reuníronse co Secretario General de Empleo, Enrique Deibe, dependente do Ministro de Trabajo, Empleo y Seguridad Social de Arxentina, Carlos Tomada.
López Orozco, aproveitou para felicitar ó Secretario pola victoria da senadora Cristina Fernández de Kirchner nas eleccións presidenciais deste domingo.
O Alcalde e a Concelleira interesáronse polas políticas de emprego seguidas dende o goberno da República arxentina e polas demandas en mat
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, acompañada do alcalde de Lugo, José López Orozco, realizaron un percorrido pola ronda da Muralla para comprobar in situ o desenvolvemento dos traballos de mellora desta vía que está a executar a CPTOPT e que son froito dun convenio co Concello de Lugo.
Política Territorial inviste preto de 1,1 millóns de euros nesta actuación que comprende un treito de 620 metros entre a Porta de Santiago e a Porta de San Pedro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González-Dopeso, inauguraron esta mañá a exposición “As Raíces do Aire”, composta por 16 figuras escultóricas realizadas coa madeira dos negrillos que estaban na Praza Maior.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía Sonia Méndez, visitarán a nova sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires que foi inaugurada polo Presidente galego a principios do mes de outubro
A Delegada María Xosé Porteiro atópase de viaxe, polo que serán recibidos polo Secretario da Delegación, Marco Ricoy, que lles ensinará este novo centro de referencia para galegos e españois residentes na Arxentina.
Só en Bos Aires hai na actualidade arredor de 113.000 galegos contabilizados no Censo Electoral de Residentes Ausentes, e en todo o país austral hai
O Concello de Lugo puxo en marcha esta tarde, ás oito e media, a fonte cibernética, situada nos xardíns de Ibáñez Méndez, na praza de Fonte dos Ranchos.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González-Dopeso, está a ultimar o proceso de redacción do Plan de Acción da Axenda 21 Local. Este proceso atopará o punto álxido do proceso o próximo día 26 coa celebración da última edición do Foro da Sustentabilidade, que suporá dar por pechado o proceso participativo de elaboración da A21L.
Un espectáculo de luz e son inaugura o luns, ás oito e media da tarde, a nova fonte cibernética situada nos xardíns de Ibáñez Méndez, na Fonte dos Ranchos.
A este espectáculo están invitados a asistir todos os veciños da cidade e poderá verse dende as oito e media desde a parte central da praza.
A fonte cibernética foi construída durante este ano coa intención de dotar á zona de Fonte dos Ranchos dunha importante infraestrutura que lle dera relevancia turística a este barrio, situado nunha das entradas á cidade.
Periodicamente esta dotación ofrecerá este tipo de espe
O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe o comezo do proceso de rexeneración de firma en varias rúas do barrio da Milagrosa. Esta obra deu comezo xa na rúa Tino Grandío, na que se está a fresar a rúa e que se extenderá o aglomerado en quente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1716
- 1717
- 1718
- 1719
- 1720
- 1721
- 1722
- 1723
- 1724
- seguinte ›
- última »