A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe definitivamente o Plan Municipal de Emerxencias do Concello de Lugo, o que a converte na única gran cidade de Galicia xunto á Coruña que ten este importante documento.
O Concello abriu o prazo de presentación de documentación para o proceso selectivo de contratación temporal de varias auxiliares de axuda no fogar.
As bases da convocatoria poden consultarse a continuación ou no taboleiro de anuncios do edificio de Servizos Administrativos do Concello, situado na Ronda da Muralla, 197.
ista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no procedemento selectivo de acceso en propiedade a 16 prazas de Garda da Policía Local
O xurado do concurso de graffitis da pista de skate acordou esta mañá conceder os seguintes premios:
1º premio a Manuel Pallín Castro, que recibirá 200 euros en premios e pintará un muro.
2º premio a Marcos Pereira Lozano, que recibirá un lote de sprais valorado en 100 euros
3º premio a Tirso Juan Paz Sans, que recibirá un lote de sprais valorado en 50 euros.
O xurado acordou tamén conceder dous accesits a Diego Anido Seijas e Samuel López López, que recibirán un lote de 10 sprais cada un.
O xurado estivo formado polos Concelleiros de Deportes e Xuventude, José Manue
A N U N C I O
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Lugo, en sesión celebrada o día vinte e catro de xaneiro de dous mil sete, adoptou entre outros o acordo de aprobación de bases e convocatoria de proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha auxiliar de inserción laboral para o proxecto "LUGO CIDADE PRÓXIMA".
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
Despois de dous días de intensas probas, e dunha xornada de descanso, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, entregaron hoxe os premios aos grupos gañadores do xogo Na Búsqueda do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude.
Para a categoría A, (de 14 a 17 anos) foron entregados os seguintes premios aos seguintes grupos:
1º premio, tres consolas wii para Pataru
2º premio, 3 MP4 para Nirvana
3º premio, unha cea en Boccalino para Crazy Girls
Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) quedaron así:
1º premio, unha vi
Como todos os anos, con motivo da celebración do día de Todos os Santos, o Concello pon en marcha un dispositivo policial e de tráfico para regular a elevada afluencia de vehículos e persoas ó cemiterio de San Froilán como todos os anos.
O dispositivo estará en funcionamento dende o día 29 de outubro, xa que os días previos á festividade, son moitos os lucenses que visitan o cemitirerio para realizar as labores de limpeza das tumbas.
A brigada de sinalización situou xa o material de sinalización circunstancial para a ordenación do tráfico nas zonas afectadas.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Ángel Corredoira, inaugurou esta mañá as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que se celebrarán no IES Ánxel Fole ata o mércores 18 de abril.
A Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel Gónzález Corredoira, establecerá dende o xoves e até o domingo, un sistema de autobuses para dar servizo ao público asistente á Copa de España de Fútbol Sala, que se disputará no Pazo universitario nestes catro días.
Así, ás liñas 1 (Universitario-Piringalla), 4 (Tolda-Abella), 7 (As Gándaras-Campus) e 12 (especial Campus) darán servizo aos partidos que se disputen o xoves e o venres.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1712
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- 1718
- 1719
- 1720
- …
- seguinte ›
- última »