
Molestias por ruídos en vivendas

A Concellería de Infraestruturas informa do remate do acondicionamento da Couselo, no barrio de Albeiros. A solución adoptada pola concellería consistiu na renovación completa das beirarrúas, xunto coa aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente.

Últimos días para participar no VII certame de fotografía Cidadáns Europeos de Galicia, que este ano ten como lema Europeos na Casa. O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o vindeiro martes, 9 de xuño, ás 14:00 horas.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, informou do inicio da actuación proxectada pola área de Participación e Servizos para a Veciñanza e a concellería de Infraestruturas Urbanas mediante a cal se levará a cabo a ampliación do cemiterio municipal.

O goberno de Lara Méndez, dende a área de Xuventude que dirixe Ana G.

Unha enquisa realizada polo Concello revela que un 91% da veciñanza lucense considera que o cambio climático é unha realidade e citan, entre os principios cambios que perciben, as dificultades para diferenciar as estacións e que antes facía menos frío.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou de que, co final dos traballos de adecentamento e asfaltado na rúa Río Sar, a concellería de Infraestruturas Urbanas realizou unha renovación da totalidade das rúas do barrio da Cheda.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, da comezo a iniciativa Muralleando Sen Parar, coa que a área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua acompañará os paseos pola Ronda da Muralla con música en directo durante as fins de semana, polo menos, do mes de xuño.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantiña hoxe un encontro co Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para repasar cales son os compromisos que o executivo central mantén co Concello de Lugo.

O Concello de Lugo sumouse esta mañá ás 12.00h, ao minuto de silencio convocado pola FEMP con motivo da fin, na medianoite de hoxe, dos dez días de loito oficial en memoria das vítimas do COVID-19.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 584
- 585
- 586
- 587
- 588
- 589
- 590
- 591
- 592
- …
- seguinte ›
- última »