O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 27 de abril, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Avda. García Portela
Avda.
Lugo presentou os seus proxectos no segundo Foro de Cidades Dixitais de Galicia, que se está a celebrar no Gran Hotel e está organizado polo Concello da capital. O Alcalde de Lugo, o Conselleiro de Traballo, o Rector da Universidade de Santiago e a Concelleira de Servizos Xerais inauguraron o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que están están inscritas 130 persoas, superando as expectativas previstas.
Na inauguración oficial, o Alcalde apostou por “familias dixitais” para que todos os seus membros saiban empregar as novas tecnoloxías.
O programa Conéctate en Lugo continúa esta semana nos barrios das Gándaras, da Estación e do Sagrado Corazón.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco; e o Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, clausuraron esta mañá o II Foro de Cidades Dixitais de Galicia, no que participaron 130 persoas, superando as previsións da organización.
No trancurso de dúas xornadas, Lugo concentrou e serviu de escaparate para os proxectos das outras cidades dixitais existentes en España ou en proceso de formación.
O Centro Social Uxío Novoneyra acollerá o día 2 de abril o Torneo de Xadrez de Semana Santa, organizado dentro do circuíto Camiño do Scacorum pola Concellería de Educación, a Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum e o diario El Progreso.
Haberá cinco categorías para a participación: menores de 8 anos, menores de 10, menores de 12, menores de 14, menores de 16 e menores de 20 anos, ademais dunha categoría para os familiares dos participantes.
O torneo celebrarase o luns, día 2, entre as once e a unha, pola mañá, e de cinco a sete, pola tarde.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, inaugurou esta tarde as XII Xornadas Internacionais de Enfermería que terán lugar entre o 21, 22 e 23 de marzo no auditorio da Facultade de Veterinaria. Organizadas pola Escola Universitaria de Enfermería de Lugo e o Colexio Oficial, as xornadas tentarán abordar os novos retos desta profesión.
O Alcalde desexoulles sorte ós profesionais, procedentes de diversos puntos de España e do estranxeiro, e animounos a organizar as vindeiras xornadas, un reto cada vez máis complicado “ya que lo difícil es dar continuidad en el tiempo”.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio Casás.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
A Escola Infantil Serra de Outes vén de publicar a relación provisional de admitidos para o curso 2007/2008.
Esta lista poderá consultarse dende mañá, venres, até o día 21 deste mesmo mes na propia Escola Municipal, situada na rúa Serra de Outes, no taboleiro de anuncios do Edificio de Servizos Administrativos e no Servizo de Educación, situado no Centro Social Uxío Novoneyra.
Ademais, os interesados poderán poñerse en contacto telefónico co teléfono de información municipal 010 (297 350 se chaman dende fóra do territorio municipal).
O prazo de presentación de reclam
O Concello de Lugo celebrará dende o luns o Día de Internet cun concurso de debuxo no que se repartirán distintos premios e no que poderán participar persoas de todas as idades.
Unha nova aplicación na web municipal, estará dispoñible dende o luns e até o mércores para a participación. Nesta ocasión será un programa de debuxo on line o que se ofrecerá á participación.
O Centro Social Uxío Novoneyra pecha o venres unha programación elaborada para os escolares sobre a figura de Mozart.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1868
- 1869
- 1870
- 1871
- 1872
- 1873
- 1874
- 1875
- 1876
- …
- seguinte ›
- última »