Dende mañá día 27 de outubro ata o venres 2 de novembro amplíase o horario habitual do cemiterio municipal. O recinto permanecerá aberto de forma ininterrumpida dende as 10:00 ata as 19:00 horas para facilitarlle ós lucenses a súa visita e a habitual labor destas datas de limpeza e engalanamento das sepulturas con motivo da celebración de Todos os Santos.
Por outra banda, como todos anos pola festividade do día de Todos os Santos celebrarase o tradicional mercado das flores nas instalacións do Mercado Municipal de Abastos o martes 29 e o mércores 30 de outubro.
Pola celebración da festividade do día de Todos os Santos, o Concello de Lugo organizou unha serie de actos e medidas especiais de funcionamento no cemiterio municipal.
Xa dende o 27 de outubro o recinto do cemiterio permanece aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas. Este horario de apertura manterase ata o día 2 de novembro inclusive.
O día 1 de novembro aberá actuacións do grupo de música clásica Straniki.
O Concello de Lugo prepara xa a II edición da Ludusparty.net, unha cita ineludible na nosa provincia para os amantes da tecnoloxía e a innovación.
O Concello rendiu unha homenaxe aos lucenses falecidos coa celebración da tradicional ofrenda do Día dos Defuntos que realiza a Corporación Municipal en homenaxe á súa memoria.
O Alcalde Accidental, Francisco Fernández Liñares, presidiu este acto, que ten un carácter laico para que todas as relixións e as persoas aconfesionais ou ateas estean representadas nesta loubanza ao seu recordo.
O Xardín das Lembranzas foi o marco escollido para realizar a ofrenda.
Os cursos de micoloxía que cada ano organiza a Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, e que realizan decenas de lucenses, comezan o vindeiro luns día 5 de novembro.
Así, o luns, día 5 de novembro, comezará o de primeiro nivel, que se prolongará ata o 9 deste mes e que rematará coa tradicional saída ao campo para recoller cogumelos, os días10 e 11 .
Para os que teñen un nivel máis avanzado, o curso terá lugar do 12 ó 16 de outubro con saída o 17 e 18 de novembro.
As clases teóricas impartiranse no centro social Uxío Novoneyra de oito da tarde a nove e me
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
A edil explicou que as actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e de actualizar os seus coñecementos nesta materia achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
O Alcalde, José López Orozco, e os Concelleiros de Urbanismo e Infraestruturas, José Ramón Gómez Besteiro e José Piñeiro, visitaron hoxe os terreos onde se atopaban as antigas factorías de Abella e Frimisa e onde xa remataron os traballos de demolición.
Segundo anunciaron, os traballos de urbanización dos terreos, previos ao comezo da edificación, darán comezo o luns.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Urbanismo, José Ramón Gómez Besteiro, e o construtor Jesús Pernas, en nome da Xunta de Compensación do polígono, visitaron o inicio das obras de urbanización da Sur-K, situada entre Augas Férreas e Montirón.
A urbanización de 296.790 metros cadrados da Xunta de Compensación é para o Alcalde de Lugo “un exemplo de cómo se pode desenvolver a unidade de actuación máis ampla actualmente en vigor, xuntando máis de 100 familias e sumando máis de 170 parcelas diferentes”.
O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro do Grupo Municipal do PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo hoxe unha reunión co Director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias, para informarlle dos acordos acadados polos tres partidos en relación ao informe emitido por este departamento da Xunta de Galicia sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Gómez Besteiro indicou que a reunión serviu para darlle a coñecer a decisión unánime acadada nas reunións mantidas en Lugo sobre diferentes puntos destinados a manter a autonomía municipal neste documento.
PSOE, PP e BNG acordaran aceptar as
En cumprimento do disposto na cláusula catro do Prego de Condicións para a contratación de obra por importe inferior a 5.278.227.- € e igual ou superior a 122.742,70.- € vimos anunciar a adxudicación do contrato das obras de urbanización dos Polígonos 1,3,5 e 6 da Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de Paradai á empresa Taboada y Ramos S.L., con suxeición ó disposto nos proxectos aprobados, no Prego de Condicións, no Cadro de Características e na oferta presentada, polo prezo de setecentos corenta e un mil douscentos oitenta e tres euros e sesenta e cinco cé
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1860
- 1861
- 1862
- 1863
- 1864
- 1865
- 1866
- 1867
- 1868
- …
- seguinte ›
- última »