A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, acompañada de membros de asociacións de persoas con discapacidade, como Auxilia e Cogami, visitaron hoxe o novo ascensor do aparcadoiro subterráneo da praza de Ferrol.
Esta nova dotación comezou a funcionar esta fin de semana, unha vez rematadas as obras e obtido o visto bo dos colectivos aos que vai dirixido.
Segundo indicou a Concelleira, trátase do segundo ascensor que se pon en marcha, despois do da praza de Santo Domingo, unha vez que o Concello tomou a determinación de facer accesibles para persoas con discapacidade este ti
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 8 de xuño, o Servizo de Desratización actuará no parroquia do Carqueixo.
Trátase dunha nova actuación deste servizo, que actúa todas as semanas en Lugo e que realiza o tratamento de todos os barrios unha media de tres veces ao ano.
O Tren da Lingua iniciou hoxe os seus percorridos dende Lugo para fomentar o uso do galego entre nenos de 5 a 8 anos de idade.
Desta estación de ferrocarril saíron preto de seiscentos cativos repartidos en tres viaxes.
O Concello pecha hoxe o prazo de pagamento en forma voluntaria do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (coñecido como Imposto de Circulación ou Rodaxe) correspondente ao ano 2007.
Este ano púxose ao cobro un importe total de 5.327.976 euros, correspondente a 60.644 recibos. O volume máis numeroso no padrón son os turismos, que supoñen 45.119 recibos.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por segundo ano organizado polo Concello de Lugo, terá a súa continuidade mañá, venres, no colexio Paradai.
Neste programa participan preto de 250 rapaces do último ciclo de Primaria de nove centros públicos de Lugo.
pois de percorrer todos os barrios da cidade e a zona rural, e programa Conéctate en Lugo remata o vindeiro luns, día 18 de xuño, cunha última sesión no Telecentro de Coeses.
Os veciños que se acheguen poderán aproveitar as leccións dos profesionais para iniciarse no manexo do ordenador e aprender a navegar por Internet.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Educación, que dirixe María Dolores Vieiro, participa novamente este ano no circuíto de Festivais de teatro grecolatino de España.
Nesta ocasión, xunto a localidades de todas as autonomías españolas e organizado por Prosopón teatro, o Concello de Lugo contará con seis actuacións teatrais, que se desenvolverán dende o luns e até o mércores.
Un total de 4.500 alumnos asistirán ás representacións, que terán lugar ás doce da mañá e ás cinco da tarde no Auditorio Gustavo Freire.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres, día 4 de maio, o Servizo de Desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Avda. de Madrid
Praza do Rei
Avda. Ramón Ferreiro
Rúa San Roque
Praza Liberdade
Rúa Ortega Y Gasset
Rúa Galicia
Rúa Cambria
Rúa Celso Emilio Ferreiro
Rúa Dr. Fleming
Rúa Salvador de Madariaga
Glorieta I.
O Concello de Lugo e o IES Ánxel Fole organizan as I Xornadas Mocidade, Alcohol e Tráfico, que se celebrarán no centro educativo desde o vindeiro luns ó mércores 18 de abril. Os alumnos de todos os cursos da ESO e Bacharelato recibirán durante 3 intensos días todo tipo de información sobre a mocidade, o alcohol e o tráfico. Bombeiros, Policías, membros de Protección Civil e da Cruz Vermella, especialistas como a ONG Stop accidentes... informarán e sensibilizarán ó alumnado, principal obxectivo destas xornadas.
O programa Conéctate en Lugo desenvolverase entre os días 7 e 11 de maio no barrio da Cheda e na zona da Residencia. O luns, día 7, comezará o seu percorrido no Centro Social Díaz de Castro cun horario especial por necesidades do centro, e de forma excepcional a xornada desenvolverase de 10 a 12 horas, e pola tarde de 16 a 18 horas.
O martes repetirá no mesmo centro, pero xa co seu horario habitual de 11 a 13 horas e pola tarde de 17 a 19 horas. O Telecentro do Castiñeiro acollerá a sesión do mércores onde está prevista a asistencia dun grupo de amas de casa.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1856
- 1857
- 1858
- 1859
- 1860
- 1861
- 1862
- 1863
- 1864
- …
- seguinte ›
- última »