O Concello de Lugo organizou un curso de alfabetización informática destinada a persoas inmigrantes ou emigrantes retornados, que carecen de coñecementos nesta materia ou teñen un nivel básico.
O curso dará comezo o día 24 de xaneiro e terminará o 2 de febreiro en horario de catro e media a oito e media cun total de 32 horas lectivas. Existe un máximo de 15 prazas e cada alumno disporá do seu propio ordenador.
Esta mañana ha sido presentada en rueda de prensa en el concesionario Mercedes Benz en Lugo la camiseta especial que con motivo de la Copa de España lucirá el Azkar Lugo FS en todos sus encuentros del torneo copero. Una camiseta que ha sufrido alguna variación con respecto a la de la liga y es que un evento tan importante como el que dará comienzo en Lugo este jueves merece tener una camiseta para el recuerdo.
sábado celebrase a cuarta carreira (5ª para rapaces) do circuíto Corre con Nós desta edición 2006/2007. Terá lugar na Polvareira das Gándaras a partir das cinco da tarde.
Estas carreiras son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español. Están organizadas polo Concello de Lugo e patrocinadas por As Termas e Begano Coca Cola.
Trátase dun circuíto composto por unha carreira por mes con catro categorías para pequenos e dez para adultos.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Delegado da Consellería de Educación, José Rábade Arias, visitaron as obras de acondicionamento e reforma das pistas de atletismo da Cidade da Cultura, situadas xunto ao edificio dos xulgados lucenses.
Estas pistas levaban máis de doce anos esperando por estas obras de mellora, as cales suporán dotar á cidade de novas infraestruturas para a práctica do atletismo de primeira categoría. As reformas están a ser acometidas pola Consellería de Educación e contan cun orzamento de 1.300.000 euros.
Un total de 856 alumnos do primeiro ciclo de Secundaria de nove centros de ensino da cidade de Lugo participan mañá, venres, nunha nova xornada de Cine Ensino, organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias.
Trátase da segunda proxección do curso actual e nela poderá verse a película Sky High, una escuela de altos vuelos. Como sempre, haberá dúas sesións, ás dez e ás doce, as dúas no Auditorio Gustavo Freire.
Con este filme tratarase a búsqueda de emocións e sensacións.
Esta mañana ha quedado instalada la pista azul de la LNFS sobre la que se disputará la Copa de España de fútbol sala “Lugo 2007” que dará comienzo el jueves 15 de marzo. El Pazo dos Deportes de Lugo vestirá sus mejores galas para acoger la Copa en el año que llega a su mayoría de edad ya que esta campaña el torneo copero cumple su 18ª edición.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu as competencias municipais dentro dos servizos sociais. “Os concellos temos aquí un gran papel. Equivócase quen non quera contar cos concellos pola proximidade que temos cos veciños”, dixo.
A Concelleira de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, pecha mañá, venres, o prazo de solicitude de praza para os cursos de natación que se organizan nas piscinas de Frigsa e As Pedreiras.
A solicitude de praza ten que facerse na piscina onde desexe realizar o curso.
A Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Basadre, anunciou hoxe que non existe lista de espera para os centros de día, xa que coa apertura de novas prazas na residencia Sanyres foron admitidos os que quedaban.
É a primeira vez que se da esta situación nesta lexislatura. Esta situación estivo condicionada polo aumento do orzamento destinado a centros de día. No 2003 había 40 prazas en réxime de horario reducido e no 2007 xa hai 75.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto a Jesús Pacios, presidente da Asociación Deportiva e Cultural Residencia, a primeira edición do Torneo de Fútbol 7 "Semana Santa".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1841
- 1842
- 1843
- 1844
- 1845
- 1846
- 1847
- 1848
- 1849
- …
- seguinte ›
- última »