A cidade de Lugo foi seleccionada por recomendación da Delegación do goberno do Plan Nacional sobre Drogas de España, para integrar o Comité Executivo da nova rede multilateral “Alianzas estratéxicas entre América Latina e o Caribe para mellorar o tratamento e rehabilitación da dependencia de drogas”.
Trátase dunha iniciativa de colaboración entre a Comisión Europea e a Comisión Latinoamericana para o Control e o Abuso de Drogas (CICAD), da Organización de Estados Americanos.
Este Comité estará integrado por: Lugo, representando a España, Santo Domingo (República Dominicana), Mon
A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina web. Esta publicación virtual que cumpre este mes o ano e edio de vida, chega ao número dezaoito da súa andaina.
Este número tén un carácter moi especial, pois supón un reto despois do éxito de lectores acadado ao longo do ano pasado con 24.067 visitas.
O Servizo de Intérpretes para persoas xordas, que a Concellería de Muller e Servizos Sociais puxo en marcha o pasado mes de maio, leva atendidas 52 solicitudes. Este é un servizo gratuíto promovido polo Concello para fomentar a integración social das persoas xordas.
Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo organiza un Curso de Primeiros Auxilios en caso de drogadicción. Esta acción formativa é gratuíta e vai dirixida a mozos e mozas menores de 35 anos.
O seu programa educativo busca establecer unhas nocións básicas para aplicar primeiros auxilios en xeral, pero sobre todo, para poder auxiliar en caso de intoxicaciones por abuso de drogas.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais organizou unha nova excursión ao conxunto medioambiental de Marcelle Natureza para nenos e nenas de etnia xitana.
A saída tivo lugar ás 9:30 horas e rematou as 13:30 horas. Na excursión foron acompañados por monitores especializados que lles amosaron de preto a fauna exótica.
As actividades de verán organizadas polo Concello de Lugo continúan no mes de agosto con novos cursos que se celebrarán nos centros sociais municipais e nas instalacións deportivas.
A piscina municipal de As Pedreiras acollerá nos meses de agosto e setembro os Cursos Intensivos de Natación para nenos de entre 3 e 9 anos. Os cursos abarcan distintos niveis de aprendizaxe e ofertan 102 prazas.
O Auditorio Gustavo Freire acollerá o sábado, día 10, unha actuación de danza, organizada pola Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.
Esta actuación, que leva por título Vacuo, estará a cargo do Centro Coreográfico Galego e conta coa dirección de Maruxa Salas.
As entradas para esta actuación están á venda dende hoxe a un prezo reducido de 3, 5, e 7 euros, dependendo da zona escollida no Auditorio.
A compra das entradas pode facerse a través da taquilla electrónica de Caixanova, no número de teléfono 902 504 500.
A Escola Municipal Infantil “Serra de Outes” cumpre unha década ao servizo dos lucenses desde a súa apertura no curso 1996-1997. Ao longo destes dez anos, preto de 400 nenos iniciaron a súa formación educativa neste centro. A escola arrincou a súa andanza cun coordinador, tres técnicos en puericultura e dous auxiliares de cociña e contaba con tres aulas cunha capacidade para 41 rapaces.
O servizo de intérprete de linguaxe de signos como acompañante para persoas xordas que ofrece o Concello de Lugo, paralízase do 6 o 31 de agosto por vacacións do persoal.
O servizo, totalmente gratuíto, volverá a funcionar a partir do 1 de setembro. O intérprete acompañará de novo ás persoas xordas que así o soliciten naqueles trámites que se realicen no Concello e tamén para realizar outro tipo de xestións burocráticas con outras institucións (Xunta, Sergas, Facenda, etc...).
Número de visitantes (estimación)
Estímase un número aproximado de entre 14.000 e 15.000 persoas sendo os días de maior afluencia o sábado día 3 e sobre todo hoxe domingo onde se calcula aproximadamente un total de 8.000 persoas.
Valoracións en conxunto
Dende a organización de LugoStock 2007 a valoración en conxunto é moi positiva e satisfactoria xa que esta edición, a oitava, supón o record de asistencia dos tres últimos anos.
Ao éxito en canto a afluencia de público se lle engade o aumento do número de expositores con respecto á p
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1826
- 1827
- 1828
- 1829
- 1830
- 1831
- 1832
- 1833
- 1834
- …
- seguinte ›
- última »