As observacións de astronomía dende A Mosquera “Ollando a un xigante”, organizadas pola Concellería de Muller e Servizos Sociais, suspendéronse por mor das treboadas que nas últimas noites afectaron á cidade e que, según as previsións meteorolóxicas, continuarán ó longo da semana.
Con motivo da celebración da Semana Santa, a Oficina Municipal de Turismo, situada na praza da Constitución, ampliará o seu horario de atención ao público nunha hora.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais celebrou, na pasada semana, a actividade “Ollando a un xigante”, consistente na realización de observacións de astronomía dende A Mosquera. Ó redor de 50 persoas de todas as idades, familias e turistas aproveitaron a ocasión para botarlle un ollo ó espectacular “xigante” Xúpiter, á lúa e ás estrelas cando o estado do ceo así o permitiu
A variabilidade das condicións meteorolóxicas motivou que a actividade, inicialmente prevista para celebrarse durante seis días, se suspendera nas dúas últimas sesións.
A Biblioteca Municipal, situada no parque da Milagrosa, acollerá este martes unha nova actividade organizada dentro do ciclo promovido para a animación á lectura e contacontos, que organiza a Concellería de Cultura de Lugo.
A actividade será unha sesión de contacontos a cargo de Sevando Barreiro e terá lugar ás seis e media da tarde.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, a través da Asociación Alborada, realizará a terceira intervención no botellón do Parque de Rosalía de Castro entre as 11 da noite e as 3 da madrugada de mañá sábado 1 de setembro.
A intervención consiste na ubicación dunha mesa informativa no parque, lugar que se converteu nos últimos anos no espazo elexido polos mozos de Lugo para facer botellón. Os monitores da actividade conversan cos rapaces e informanlles das repercusións e dos efectos negativos do consumo excesivo de alcohol.
O Alcalde, José López Orozco, e os demais membros da Corporación recibiron a un grupo de soldados da Compañía Brilat do Exército de Terra, ao mando do Coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños.
Así mesmo, o destacamento, acompañado pola banda de cornetas e tambores do Exército desfilou pola Praza Maior para formar diante da Casa Consistorial.
O Coronel, que firmou no Libro de Honra do Concello, agradeceu neste documento o recibimento que todos os anos se brinda a este grupo de soldados por parte da cidade de Lugo e tamén por parte do Concello.
Os cursos organizados polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias de Deseño Gráfico e de Técnicas de Búsqueda de Emprego celebraron hoxe, día 31 de agosto, a súa última xornada.
Estas dúas accións formativas organizáronse co obxectivo de ofrecer á mocidade lucense unha formación teórico-práctica para mellorar as súas habilidades informáticas e dar unha asesoría completa para a redacción dun curriculum vitae atractivo e organizar dun xeito práctico a búsqueda de emprego, respectivamente.
A edil presentou a quinta edición da Festa dos Maiores que terá lugar o 1 de outubro con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores que conmemora desde 1990 a ONU.
Este día celébrase en todo el mundo de formas moi diversas e pretende fomentar a concienciación social sobre os beneficios da prolongación da vida para a humanidade e da necesidade de respetar os dereitos dos maiores e de coñecer as súas necesidades socioeconómicas e afectivas.
Carmen Basadre explicou que os actos festivos organizados polo Concello de Lugo buscan servir de xornada de convivencia ent
Os días centrais da Semana Santa lucense acollen tres pasos procesionais organizados pola Xunta de Confrarías e o Concello. En todas as procesións estarán presentes membros da Corporación municipal acompañando aos participantes destas celebracións.
Na tarde do mércores tivo lugar a procesión do Cristo do Perdón, organizada pola Confraría do Perdón e Nosa Señora da Piedade. Este paso partiu ás 20:30 da Praza de Pío XII e acompañando aos fieis estiveron o Alcalde e varios concelleiros.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañados dos Delegados das Consellerías de Presidencia e Educación, Begoña Santos e José Rábade, inauguraron esta mañá a mostra Crónicas de Lugo, do pintor Antonio González.
Esta exposición recolle 35 cadros realizados por este artista do detalle doutros tantos rincóns de Lugo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1809
- 1810
- 1811
- 1812
- 1813
- 1814
- 1815
- 1816
- 1817
- …
- seguinte ›
- última »