O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron un convenio de colaboración entre a Fundación Caixa Galicia e o Concello para a realización de actividades culturais en Lugo.
O convenio establécese co obxectivo de desenvolver novos proxectos culturais da mellor calidade e diversidade, e renova a fructífera colaboración que ambalas dúas entidades manteñen nos últimos anos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios ós establecementos gañadores do 3º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
O Alcalde deu a noraboa ós premiados no concurso e afirmou que “cada vez está máis claro o dicho de para comer Lugo”.
Este xoves continúa a programación con sete actuacións
A quinta edición da Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” despídese este sábado, día 10 de novembro, cunha gran gala na que se darán cita os magos máis prestixiosos do mundo.
Desta Gala Internacional de Lugo Máxico destaca que todos os participantes deste ano son Premios Mundiais de Maxia en distintas categorías, por elo bautizouse baixo o nome “Os grandes Premios da Maxia”.
A Gala celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 21:00 horas e estará conducida polo mago galego Luis
O programa da V Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” continúa este venres, 9 de novembro, con distintas actuacións, sendo o prato forte do día a Gala Unipersonal de Lipan and Company.
A Maxia da Solidariedade chega ao Hospital Xeral ás 11:00 horas da man dos magos Sasha, Manuel Vera e Luis Manuel.
A Praza Maior servirá de escenario para a actuación de Dr.
O Concello de Lugo estrea hoxe, abrindo a cabalgata, dúas motocicletas novas destinadas á Policía Local.
Trátase dun novo investimento da Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel González Corredoira, como medida para renovar o parque móbil a disposición da Policía Local.
Estas dúas motocicletas teñen un custe de 24.000 euros. Son dúas de marca Yamaha, RJ07, de 397 quilogramos de peso cada unha.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou hoxe a XXVI edición do Premio de Novela Longa Blanco-Amor que este ano organiza o Concello de Lugo.
Trátase dun premio patrocinado por 75 concellos galegos, xeralmente considerado como o máis importante para narrativa en lingua galega, e cun importe de 12.020 euros.
A Policía Local detén un individuo como presunto autor dunha agresión a outro que se atopaba nas inmediacións da estación de autobuses.
Os feitos tiveron lugar o día 4 de xaneiro, ás 17,30 horas na praza da Constitución. Os axentes foron alertados por un cidadán de que se estaba producindo unha liorta fronte á Estación de Autobuses.
Cando os axentes chegaron ó lugar observaron un individuo no chan e outro de pe que o estaba agredindo. O detido, I. O. C.
Alfredo Amestoy será o relator da primeira conferencia do ciclo Xornalismo Século XXI, organizado polo Concello de Lugo e Caixanova. O acto terá lugar o vindeiro xoves ás 20:30 horas no Círculo das Artes baixo o título: La televisión: el rompecabezas.
As primeiras colaboracións do xornalista foron na Gaceta do Norte e na revista gran Vía, na radio na Cadena SER e Radio Madrid. En Televisión dirixiu e presentou programas informativos como Esta es la cuestión, La vida, Vivir para ver ou Treinta y cinco millones de españoles.
O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará o domingo, día 28 de outubro, coa representación da obra El beso de Judas ás 20:30 horas.
O autor da obra, David Hare, leva máis de 25 anos adicado ó teatro, pero tamén é autor de noveles, guións de televisión e recoñecidos textos para o cine como A ferida (polémica película dirixida por Louis Malle con Jeremy Irons e Juliette Binoche e As horas.
A Patrulla Verde da Policía Local capturou dous cans vagabundos nunha finca da parroquia de San Martiño de Piñeiro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- 1800
- 1801
- 1802
- 1803
- …
- seguinte ›
- última »