O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez e a Concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo, Concepción Burgo presentaron este luns a exposición Avancraft impulsada polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación de Lugo. Trátase dun proxecto no que tradición, vangarda e deseño camiñan da man para que a artesanía galega e a luguesa en particular, traspasen a fronteira nacional.
O III Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, xa conta cos seis gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial e os dous vencedores da votación popular.
Durante esta mañá, o xurado visitou os oito establecementos finalistas e tras a degustación das súas tapas concedeu as distincións das imaxes adxuntas.
O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por catro expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:
- Don Roberto Walter Schnellbach, responsable da cociña do Centro Superior de Hostelería de Galicia.
Unha ampla representación de autoridades políticas, económicas e sociais da provincia de Lugo deuse cita hoxe no Pazo de Feiras e Congresos para asistir á inauguración de Expolugo 2007.
Actuación da Banda Municipal
O director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez López, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, asinaron un convenio de colaboración entre a Fundación Caixa Galicia e o Concello para a realización de actividades culturais en Lugo.
O convenio establécese co obxectivo de desenvolver novos proxectos culturais da mellor calidade e diversidade, e renova a fructífera colaboración que ambalas dúas entidades manteñen nos últimos anos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, José Francisco Real, entregaron os premios ós establecementos gañadores do 3º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo.
O Alcalde deu a noraboa ós premiados no concurso e afirmou que “cada vez está máis claro o dicho de para comer Lugo”.
Este xoves continúa a programación con sete actuacións
A quinta edición da Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” despídese este sábado, día 10 de novembro, cunha gran gala na que se darán cita os magos máis prestixiosos do mundo.
Desta Gala Internacional de Lugo Máxico destaca que todos os participantes deste ano son Premios Mundiais de Maxia en distintas categorías, por elo bautizouse baixo o nome “Os grandes Premios da Maxia”.
A Gala celebrarase no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 21:00 horas e estará conducida polo mago galego Luis
O programa da V Semana Internacional da Maxia “Lugo Máxico” continúa este venres, 9 de novembro, con distintas actuacións, sendo o prato forte do día a Gala Unipersonal de Lipan and Company.
A Maxia da Solidariedade chega ao Hospital Xeral ás 11:00 horas da man dos magos Sasha, Manuel Vera e Luis Manuel.
A Praza Maior servirá de escenario para a actuación de Dr.
O Concello de Lugo estrea hoxe, abrindo a cabalgata, dúas motocicletas novas destinadas á Policía Local.
Trátase dun novo investimento da Concellería de Réxime Interior e Protección da Comunidade, que dirixe José Ángel González Corredoira, como medida para renovar o parque móbil a disposición da Policía Local.
Estas dúas motocicletas teñen un custe de 24.000 euros. Son dúas de marca Yamaha, RJ07, de 397 quilogramos de peso cada unha.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou hoxe a XXVI edición do Premio de Novela Longa Blanco-Amor que este ano organiza o Concello de Lugo.
Trátase dun premio patrocinado por 75 concellos galegos, xeralmente considerado como o máis importante para narrativa en lingua galega, e cun importe de 12.020 euros.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1792
- 1793
- 1794
- 1795
- 1796
- 1797
- 1798
- 1799
- 1800
- …
- seguinte ›
- última »