O Presidente da Deputación salienta “o fito histórico que supón ter unha folla de ruta para o crecemento da provincia e, ademais, sumando esforzos”.
José Luis Méndez destacou o apoio decidido de Caixa Galicia a un proxecto vital para Lugo, como exemplo de compromiso co futuro da provincia.
Lugo, 16 de novembro de 2007.
O Concello de Lugo pón a venda as entradas para as representacións do IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX . Nesta edición este certame está dedicado ao gran dramaturgo Valle-Inclán, o mellor autor de teatro español do século XX. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade entre os días 22 e 27 de novembro no Auditorio Municipal.
Os prezos son populares e varían entre 6, 8 e 10 euros, ademais, realizaranse descontos de 2 ou 3 euros para xubilados, desempregados e estudantes.
A Policía local informa que mañá sábado, día 17, estará cortado o carril de circulación da rúa Ramiro Rueda que vai desde a rúa Otero Pedrayo a avda. da Coruña.
O corte farase efectivo entre as 8 e as 18 horas debido a desmontaxe dun guindastre de obra
A Concellería de Muller e Servizos Sociais achega a Lugo o espectáculo “Me lo cantaba mi abuelo…” que xa percorreu gran parte da xeografía española e acumula máis de douscentas actuacións.
Esta actividade consiste nun concerto gratuíto que ofrecerá o grupo Tahona no Centro Social Díaz de Castro o luns, día 19 de novembro, ás 18:30 horas, dirixido a todo o público en xeral, pero especialmente para os maiores xa que poderán gozar das cancións da súa mocidade.
A Concellería de Muller e Servizos Sociais mantén aberto o prazo para inscribirse nas VI Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar en Lugo do xoves 22 ó sábado 24 de novembro. As xornadas centraranse no tema das fillas e fillos das mulleres vítimas da violencia, oas testemuñas directas da violencia contra as súas nais e que sofren un abuso emocional moi forte.
Como en anos precedentes, as xornadas son gratuítas e abertas a todo o mundo. Para os interesados en recibir un diploma de acreditación de asistencia está aberto o prazo de inscrición.
A Policía local informa que mañá sábado, día 17, estará cortado ó tráfico a rúa Betanzos no tramo comprendido entre a rúa Orense e Mondoñedo, debido ó arranxo dunha fuga de auga polo Servizo Municipal de Augas.
A circulación procedente da rúa Poeta Cabanillas desviarase pola rúa Orense, Concepción Arenal ( en sentido contrario o habitual) para acceder a rúa Mondoñedo e continuar o sentido ascendente cara a avda. da Coruña.
Os vehículos procedentes da rúa Concepción Arenal desviaránse pola rúa da Xesta cara a Ronda da Muralla.
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
--Documento de identidad de la República francesa a nombre de FONTENELLE, Guy Robert.
--Documento nacional de identidad y tarjeta Caixa Galicia a nombre de PUMARES DIAZ, María Albina
--Permiso de conducción a nombre de DIAZ BELINCHÓN, Ana María.
--Gafas de caballero, graduadas, de pasta color marrón, con funda beige.
--Bicicleta marca GLOBE TROTTE ALU 72SXSOSP
--Carpeta de plástico color azul conteniendo diversos documentos judiciales a nombre de WECHSVER, Johan Anton
--Documento de identidad, tarjetas bancanrias a nombre de PARGA MARTIN, Javier Angel
--Documento de identi
O Concello de Lugo, a través da Policía Local, custodia un número variable de obxectos perdidos na oficina que ten este organismo destinada ao efecto.
A maioría dos obxectos perdidos son DNIs e documentación, así como carteiras e moedeiros. Tarxetas, permisos de circulación e xoias conforman este grupo de obxectos que poden ser recollidos polos seus propietarios nas oficinas da Policía Local situadas na praza da Constitución.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1777
- 1778
- 1779
- 1780
- 1781
- 1782
- 1783
- 1784
- 1785
- …
- seguinte ›
- última »