Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer a opinión dos lucenses sobre a nova axuda estatal de 2.500 euros por fillo nacido, sinalan que os lucenses aproban a medida promovida polo goberno.
O 52,40% dos participantes, con 218 votos, responderon á pregunta “Que opina da axuda estatal de 2.500 euros por fillo nacido?” que lles parecía moi ben porque é necesaria. Mentres, 147 lucenses, co 36,53% do total, opinan que non é suficiente.
A provincia de Lugo conta con 10 Áreas de Rehabilitación nos concellos de Chantada, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro cun investimento de 4,9 m.
Un total de 46 parellas contraeron matrimonio na Casa Consistorial ao longo deste ano, o que supón un aumento do 17% con respecto ao ano pasado, cando polas mesmas datas celebraranse 38 casamentos.
O Alcalde, José López Orozco, segue a ser o edil que máis vodas oficia, pois durante estes sete meses casou a 24 parellas, máis do 50% das cerimonias. Luisa Zarzuela e José Piñeiro son os seguintes no “ranking” de oficiantes con cinco vodas cada un, seguidos de Carmen Basadre e José Ramón Gómez Besteiro, con tres casamentos ambos os dous.
O Subdelegado de Defensa, Ricardo Cuesta Espejo, acudiu esta mañá ó Concello de Lugo para presentarse oficialmente diante o Alcalde da cidade, José López Orozco.
Trátase da primeira visita institucional que realiza este Coronel do Corpo Xeneral das Armas do Exército de Terra, pertencente á Escala Superior de Oficiais, dende o seu nomeamento como Subdelegado de Defensa en Lugo o pasado 16 de xullo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Alcalde de A Coruña, Javier Losada, afianzaron os lazos de amizade e colaboración que existen entre as dúas cidades no acto de firma no Libro de Ouro da Cidade.
O acto tivo lugar no despacho de Alcaldía tras rematar a celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísismo Sacramento.
Máis de tres mil persoas están subscritas aos diferentes canles de información que puxo en marcha o Concello de Lugo nestes últimos dous anos.
Así, un total de 898 reciben información diaria sobre a actividade cultural que se desenvolve en Lugo. A Axenda Cultural, que tamén pode consultarse na web municipal, www.lugo.es, recibe as aportacións dos diferentes organismos culturais de Lugo e recíbese diariamente nos correos electrónicos de 898 persoas, 146 delas dadas de alta a nivel particular.
López Orozco anunciou que o Plan Director do Parque Rosalía de Castro contratarase á USC.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro Ameneiro, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Campus de Lugo. Grazas a esta colaboración, as dúas institucións estreitan aínda máis as súas relacións e favorecen o crecemento do Campus nos eidos das infraestruturas, urbanismo, docencia e investigación.
O Concello de Lugo anuncia que a conferencia de Fernando Ónega, nun principio prevista para este venres no Círculo das Artes, non será posible debido a un erro de datas da organización. A conferencia queda pois retrasada para futuras datas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- 1780
- …
- seguinte ›
- última »