O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu no Concello lucense ó novo Coronel Comandante Militar de A Coruña e Lugo, Lorenzo Fernández Navarro de los Paños y Álvarez de Miranda.
É a primeira vez que o Coronel visita a cidade como titular do seu novo cargo, xa o fixera en Semana Santa coincidindo coa procesión do Bo Xesús en calidade de sustituto.
A reunión mantida entre o Alcalde e o Coronel comezou puntualmente ás 11:30 e, nun ambiente distendido, durou ata ben pasado o mediodía.
Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, www.lugo.es, para coñecer as medidas de precaución que adoptan os lucenses antes de saír de viaxe co seu vehículo por estrada, sinalan que máis do 60% acostuma tomar algunha.
O 35,49% dos participantes (con 164 votos) na enquisa responderon que non adoptan ningunha medida de precaución antes de sair de viaxe co seu vehículo, fronte ao 64,83% dos usuarios da web que votaron as opcións restantes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, aproveitou a súa viaxe privada a Estocolmo para visitar ó Alcalde da localidade sueca de Täby, Leif Gripenstam.
López Orozco, cumpre así co compromiso adoptado co mandatario de Täby, de devolver a visita que cada ano fan eles á cidade de Lugo con motivo dos intercambios culturais dos alumnos suecos cos estudantes do Instituto A nosa Señora dos Ollos Grandes.
Nesta visita, ámbolos dous Alcaldes destacaron a intención de colaborar para que estas viaxes de rapaces lucenses e suecos se manteñan no tempo.
A Corporación Municipal de Lugo, presidida polo Alcalde, José López Orozco, participará no programa de actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque, que se celebrarán este mércores, día 15, e o xoves, día 16 de agosto, respectivamente.
Os membros da Corporación asistirán o mércores á misa que terá lugar na Catedral, a partir das once da mañá.
Os apartados máis visitados son Concello e Turismo
Rexistra visitas internacionais desde países como Xapón, Hungría e Estados Unidos, entre outros
As visitas á páxina web municipal aumentaron nun 180% no primeiro semestre deste ano. O sitio web rexistrou 638.305 visitas nos primeiros seis meses de 2007, que sinalan o espectacular crecemento experimentado con respecto ao mesmo periodo do ano anterior, durante o que se contabilizaron 353.754 visitas, ou fronte ás 150.000 rexistradas en 2005.
A Xunta de Goberno Local celebrou esta mañá unha sesión extraordinaria na que se aprobaron os dous puntos da orde do día co fin de axilizar a execución de dous proxectos municipais.
En primeiro lugar, aprobouse a adxudicación das obras de arranxo da cuberta metálica do polideportivo do CEIP da Ponte á empresa Indumet Sistemas Construtivos, S.L.
O orzamento ascende ata 57.371 euros e ten un prazo de execución de dous meses.
Os resultados obtidos na enquisa realizada polo Concello a través da páxina web municipal, para coñecer que medidas adoptarían os lucenses para fomentar o aumento da natalidade, sinalan que a creación de máis servizos de escolas infantís gratuítas é a medida máis apoiada.
O 32,10% dos participantes, con 131 votos, responderon á pregunta “Que medida adoptaría para fomentar o aumento da natalidade?” que construirían máis servizos de garderías gratuítos.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta tarde, ás 18:00 horas, a un numeroso grupo de socios da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Vizcaia que chegaron á cidade tras unha peregrinaxe de tres días.
Uns cincuenta socios finalizaron na Casa Consistorial a etapa do Camiño Primitivo que iniciaron o pasado sábado, día 28, na localidade asturiana de Grandas de Salime.
Cada 25 de xullo o noso país celebra a súa festa grande. É a festa de Galicia, a festa dun pobo que conta cunha historia e un pasado que o fan estar presente no mundo enteiro.
O Día de Galicia é o día de todas e todos os galegos, dos que estamos na nosa terra e podemos gozar de vivir, traballar e medrar como persoas no noso país, e tamén o día daqueles que tiveron que marchar á diáspora e hoxe miran cara aquí coa morriña e o sentimento forte de unión a un país.
Non podemos esquecer a quen xa non está e tampouco a quen deu a súa vida na loita pola liberdade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- 1776
- 1777
- 1778
- 1779
- …
- seguinte ›
- última »