O Alcalde de Lugo, José López Orozco, continuará o xoves co seu encontro dixital de todos os meses cos internautas.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá a un numeroso grupo de xubilados de Telefónica que visitan á cidade por motivo dunha xuntanza. López Orozco comentou con eles a importancia da nova Lei de Dependencia, que beneficia, entre outros, ás persoas de maior idade.
Preto de sesenta antiguos traballadores da multinacional chegaron de toda Galicia e de Asturias para coñecer os encantos turísticos de Lugo.
En Lugo aumentaron máis dun 50% os turistas alemáns e italianos tamén grazas ós voos de baixo custe implantados en Santiago.
Os Alcaldes de Lugo e Santiago, José López Orozco e Xosé Sánchez Bugallo, anunciaron hoxe que farán promocións conxuntas para incrementar o número de turistas nos seus respectivos municipios. Os edís mantiveron hoxe unha reunión de traballo para facer un seguimento do convenio de colaboración que tiñan asinado desde hai 4 anos.
O Alcalde, José López Orozco, recibiu un grupo de estudantes de Navia de Suarna ás 11:30 horas desta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Os rapaces cursan Bacharelato pola rama de letras e acudiron acompañados polos seus profesores de Grego, Cultura Clásica e de Latín.
O Alcalde animou aos rapaces a gozar desta visita a Lugo e descubrir as súas orixes romanas. López Orozco salientou a importancia destes 25 estudantes de Grego e Latín “unha especie en perigo de extinción”, dixo, como herdeiros das culturas matrices do mundo occidental.
O Alcalde demostra con obras que “Lugo vive un momento doce”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou hoxe a súa satisfacción despois de que a Xunta de Galicia aprobase a súa incorporación ó CETAL. Era o último dos socios fundadores que quedaba por formalizar a súa inclusión. Polo tanto a Ministra de Agricultura estará en Lugo a finais deste mes para asinar a posta en marcha do centro. Tamén o Consello da Xunta aprobou hoxe o inicio de varias obras de saneamento no rural lucense.
O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, participará mañá, mércores, ás 10:30 horas, na Comisión Delegada de Infraestructuras do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibirá o mércores en Cádiz, e no nome de Lugo, o segundo premio “Ciudades Patrimonio de la Humanidad”, que concede o Ministerio de Cultura.
A entrega do premio terá lugar na capital gaditana e con el prémiase o traballo realizado dende 1921 na conservación, mantemento e rehabilitación da muralla romana, dende que foi distinguida como Monumento Nacional.
O acto, que presidirá a Ministra de Cultura, Carmen Calvo, contempla a entrega dos premios desta categoría das edicións do 2005 (cando foron premiados Santiago e a Universidade de Andalucía)
O Alcalde, José López Orozco foi convidado polo Embaixador de España diante a Santa Sé, Francisco Vázquez á presentación oficial das actas do I Congreso Internacional “Murallas de cidades romanas en el occidente del Imperio. Lucus Augusti como paradigma”. No acto tamén estivo presente o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Francisco Cacharro, institución que organizou estas xornadas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1767
- 1768
- 1769
- 1770
- 1771
- 1772
- 1773
- 1774
- 1775
- …
- seguinte ›
- última »