Lugo acollerá unhas xornadas que conclúen o proxecto europeo do programa Pagus de accesbilidade a centros históricos. Dentro deste programa están a traballar de xeito conxunto, ademais de Lugo, a cidade italiana de Tori, Ribadavia, Vigo e Carmona.
Nas xornadas, que se desenvolverán os días 18 e 19 deste mes na Facultade de Humanidades, presentaransen as conclusións dos análises e os estudos de todas as cidades coa presenza de membros dos colectivos de discapacitados.
Os municipios de Santiago, Ribadesella (Asturias) e Fontanar (Guadalaxara) recibiron este galardón noutras categorías.
A Reina Sofía entregará os premios nas próximas semanas na Zarzuela.
As igrexas e hoteis da cidade presentan os principais problemas de accesibilidade en Lugo.
O Concello destinará 237.703 euros nos presupostos do próximo ano para asociacións de persoas con discapacidade.
O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, asinou un convenio de colaboración entre o Concello de Lugo e sete institutos de ensinanza secundaria para a realización do proxecto Radares Xuvenís 2008.
O programa é unha proposta da Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basdre, para acadar unha participación efectiva da poboación xuvenil nos diferentes sectores da sociedade actual.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza cos alcaldes do antigo partido xudicial, con participación no vello cárcere, para solicitar a súa colaboración e chegar a un acordo en canto á propiedade do cárcere.
López Orozco salientou que neste momento se plantexou dende o Concello de Lugo unha proposta de negociación. O departamento de Economía valorará a propiedade de cada un dos Concellos para determinar a cantidade a pagar no caso de que a proposta sexa aceptada.
Convocatoria para a contratación laboral temporal a media xornada o administrativo e a xornada
completa o resto das prazas todas elas por un período de 6 meses, coa posibilidade de sucesivas contratacións,
tendo en conta que a suma total de todas elas non excederá en ningún caso dos 18 meses
de duración da Escolao Obradoiro “Escola Solidaria” do Concello de Lugo das prazas seguintes:
2- Mestres de Obradoiro de Albanelaría.
1- Mestres de Obradoiro de Carpintaría de Madeira.
1.- Administrativo (1/2 Xornada)
Os aspirantes a estas prazas deberán presentar as solicitudes (segundo o Anexo
O Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron o curso 'Plataformas web de software libre para organizacións da sociedade civil', que se desenvolverá de xoves a sábado nas instalacións do Campus de Lugo e no Pazo de Feiras e Congresos, no marco da Ludus Party Net 2007, e que está organizado polas dúas institucións.
"Satisfeito e optimista", así asegurou sentirse o Alcalde de Lugo, José López Orozco, logo dunha nova xuntanza cos grupos da oposición para analizar a proposta de orzamentos municipais presentada polo equipo de goberno. "penso que é posible un achegamento para a probación dos orzamentos".
O Goberno local presentou o pasado día 16 de novembro un proxecto estudado por técnicos municipais, do que poderían ser os orzamentos do Concello para o vindeiro ano. Nesa proposta as partidas superan nun 9,75% os orzamentos deste ano.
O IV Festival de Teatro Clásicos do Século XX despídese este martes, 27 de novembro, coa representación de "Luces de bohemia". A compañía Teatro del Temple achega a Lugo unha espectacular montaxe desta obra mestra de Valle-Inclán.
Esta compañía é unha das agrupacións máis prestixiosas do panorama teatral nacional e conta co recoñocemento do Premio Max das Artes Escénicas de 2003 ao espectáculo revelación polo espectáculo "Picasso adora la Maar" e foi finalista nesta mesma categoría no ano 2001 pola obra "Buñuel, Lorca e Dalí".
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres Feijó, o Delegado provincial da Consellería de Cultura, Xoan Xosé Molina, a Directora do Centro Territorial de RNE-Galicia, Celia Díaz Reija e o Director do programa La Estación Azul, Ignacio Elguero, presentaron o I Encontro de poetas galegos que terá lugar en Lugo os vindeiros días 29 e 30 de novembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1762
- 1763
- 1764
- 1765
- 1766
- 1767
- 1768
- 1769
- 1770
- …
- seguinte ›
- última »