Un total de 38 concellos da zona centro da provincia tomarán parte no proxecto, que ten como obxectivo incrementar a xestión coordinada dos recursos públicos que se destinan a políticas laborais
O Pacto Territorial de Lugo cubrirá unha poboación de 220.000 persoas, con 89.000 traballadores e menos de 10.000 parados
Santiago, 21 de decembro de 2007.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, presidiu esta mañá a sesión constitutiva do Pacto Territorial de Emprego de Lugo, que nace coa misión de planificar políticas laborais por un valor aproximado de 37 millóns d
Os servizos municipais do Concello modifican o seu horario de atención ao público durante as festas do Nadal. Os cambios que se producen son os seguintes:
-Dende o día 22 de decembro e ata o 7 de xaneiro de 2007 as oficinas do Concello permanecerán abertas de 8:30 a 14:30 horas.
-Os días 24, 25, e 31 de decembro e o día 1 de xaneiro permanecerán pechadas as oficinas do Concello.
Este venres, 21 de decembro a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, inauguraron a sexta edición de Artenadal, a feira de artesanía organizada en colaboración pola Concellería de Cultura, a Deputación de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a Asociación Artimaña.
A Feira de Artenadal 2007 encádrase dentro do Programa de Nadal da Concellería de Cultura e está ubicada na Praza da Soidade, que acollerá esta feira entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro e manterá abertas as súas portas entre as 11:00 e
Un autobús urbano funcionará nas noites do 30 e 31 de decembro e a do 5 de xaneiro, como un servizo especial nas festas de Nadal.
Achegará os barrios máis alonxados do centro nun percorrido dunha hora para evitar a mezcla de alcohol e conducción en datas tan sinaladas.
Esta iniciativa, que se puxo en marcha funciona noutras cidades co nome popular de Buho, realízase para evitar que todos os que consuman alcohol esas noites teñan que facer uso do coche particular.
O autobús terá un percorrido dunha hora de duración por toda a cidade con saída e chegada a Sindicatos.
A rúa Dona Urraca estará cortada ó tráfico no tramo comprendido entre as rúas Lamas de Prado e Ramón Piñeiro.
O corte faráse efectivo entre as 8.00 e as 12.00 horas por mor do desmonte dun guindastre de obra.
Este xoves, 20 de decembro, remata o programa de actividades deseñado pola Oficina Municipal de Información ao Consumidor para os meses de novembro e decembro deste ano.
Estas actividades organízanse dacordo coa política do Concello de fomentar o consumo responsable entre os lucenses e para actualizar os seus coñecementos nesta materia, achegándolles as últimas novas e reformas en normativas relacionadas co ámbito do consumidor.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá a publicación conmemorativa que fai o Concello con motivo do centenario do Himno galego. Deste xeito o goberno local quere sumarse ós actos de celebración deste cumpreanos tan importante para a Comunidade galega
Trátase dun marcapáxinas que recolle a historia do himno do país e a letra deste símbolo de Galicia escrita por Eduardo Pondal. López Orozco sinalou que o obxectivo “é achegar este pedazo da historia da nosa terra a todos os lucenses”.
Este venres, 21 de decembro abre as súas portas a sexta edicion de Artenadal, a feira de artesanía organizada en colaboración pola Concellería de Cultura, a Deputación de Lugo, a Consellería de Innovación e Industria e a asociación Artimaña.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou xunto a Vicepresidenta Segunda da Deputación Provincial, Lara Méndez, e os representantes de Artimaña, Fernando Arias e Belén Gayoso, a Feira de Artenadal 2007 que se encadra dentro do Programa de Nadal da Concellería de Cultura, que dirixe Concepción Burgo.
Sonia Méndez destacou a
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presidiu esta mañá a xuntanza cos membros da Comisión de Seguemento da Ordenanza Municipal de Contaminación Acústica durante a que o edil presentoulles o borrador redactado polo Concello de Lugo.
Nesta xuntanza estiveron presentes os representantes de asociacións de veciños de zonas saturadas da cidade e doutros sectores implicados como os hostaleiros, os empresarios, os arquitectos, os técnicos municipais; así como, representantes dos grupos políticos municipais e doutras administracións, como a Consellería de Medioambiente e a Su
También se distribuirán 5.000 eco-calendarios que vinculan cada mes del año 2008 a un eco-consejo de ahorro de agua
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1750
- 1751
- 1752
- 1753
- 1754
- 1755
- 1756
- 1757
- 1758
- …
- seguinte ›
- última »