A revista Foeminas publica un novo número que xa se pode ler na páxina www.lugo.es. Esta publicación virtual chega ao número vintetrés da súa andaina.
O sumario deste viséximoterceiro número aborda os seguintes temas:
En Historia de Mulleres presentamos a segunda entrega das Irmás Mirabal.
A Corporación Municipal do Concello de Lugo quere manifestar o seu profundo pesar pola morte do Bispo de Lugo, Frei Xosé H. Gómez, fillo adoptivo deste concello.
Nun día tan triste coma o de hoxe, queremos unirnos á dor que sinten moitos lucenses pola perda dunha persoa que viviu e participou durante 27 anos na historia da Diócese e da nosa cidade.
Hoxe é un día triste para todos, crentes e non crentes. Frei Xosé era un home bo e afable do que todos temos palabras de agradecemento pola entrega humilde e sen condicionantes no seu traballo diario.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, indicou que no a no 2007 máis de 1500 persoas participaron nas actividades organizadas polo Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo.
A empresa lucense Control Industrial, Métodos y Ensayos S.L., CIMESA, que ten a súa sede no CEI e foi un dos proxectos empresariais desenvoltos ao amparo das políticas de apoio e promoción dos novos emprendedores da cidade, convertiuse o pasado mes de decembro na primeira empresa de Galicia en recibir a acreditación de Empresa Colaboradora da Administración nas especialidades de Alta Tensión e Baixa Tensión.
Recibiu esta distinción de OCA (Organismo de Control Acreditado) tras un proceso moi laborioso e exixente, que comezou cos trámites de acreditación ante ENAC (Empresa Nacional de Ac
BOAS NOITES, QUERIDAS NENAS E NENOS
BOAS NOITES, QUERIDA XENTE DE LUGO
Que marabilla estar de novo nesta cidade á que levamos tanto tempo vindo! É para nós unha enorme ledicia compartir outra noite de reis coas cativas e cativos de Lugo que nos acollen con tanto agarimo. Tanto para min como para os meus inseparables amigos, o Rei Gaspar e o Rei Baltasar, é fantástico pasar por aquí cada Nadal e pasar unhas horas con vós antes de marchar deixándovos centos de agasallos.
Porque este ano, fóstedes bos verdade? Non vos escoito ben!!!
O luns, día 7 de xaneiro, dará comezo en Lugo de xeito oficial, a primeira tempada de rebaixas do ano. As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.
Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival.
A Concellería de Cultura e Turismo, dixirida por Concepción Burgo, celebra o II Concurso de Carteis Entroido 2008, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá aparecer o seguinte texto: “Entroido 2008, 1-6 de febreiro- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que o escudo da cidade figure no cartel.
O prazo de presentación de carteis remata este mércores, 9 de xaneiro de 2008, ás 14:30 horas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado de boa parte da Corporación municipal lucense, participou en Ferrol no programa de actos da festividade de San Xillao que cada ano se celebra o día 7 de xaneiro.
Trátase dunha celebración que conta cunha longa tradición. De feito, comezou arredor do ano 1906, momento no que tivo lugar a primeira visita institucional entre as dúas cidades, oficialmente irmanadas no ano 2000.
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron xunto a outros membros da Corporación Municipal, este xoves, 3 de xaneiro, unha nova zona verde da cidade situada na rúa Aquilino Iglesia Alvariño.
O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 7 e o 25 de xaneiro
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, integrado na Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza dous cursos para formar especialistas no sector da vixilancia e a seguridade.
O primeiro deles correponde á segunda edición do Curso de Vixilante de Seguridade, que impartirán profesionais do Grupo Cetssa e que na primeira edición acadou un notable éxito de participación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- 1749
- 1750
- 1751
- 1752
- 1753
- …
- seguinte ›
- última »