O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu no Concello ó escalador lucense Luis Penín Franco. O deportista foi premiado recentemente pola Federación Española e o Consejo Superiror de Deportes co premio de Alto Rendimiento y Actividad pola realización en libre da vía No Limit en Kandersteg (Suiza) o pasado 4 de marzo. Penín indicou que “esta vía é unha das catro máis duras do mundo, pero quedan outras que espero conseguir.
Un total de 19.297 visitantes asistiron ó salon de ocio Xuvenlugo organizado pola Consellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre. Como en pasadas edicións, Xuvenlugo encheu de atraccións e xogos o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 6 ao 9, do 14 ao 16, e do 21 de decembro de 2007 ó 6 de xaneiro de 2008.
Como cada ano, unha das actuacións que máis capta o interese dos visitantes foi a pista de xeo, que contou con 5.181 patinadores entre aficionados e expertos.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixo balance das visitas de turistas á cidade o pasado ano. A Concelleira indicou que no 2007, un total de 40.212 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo para solicitar información. Esta cifra supón un incremento de 8.526 visitas respecto ó ano pasado. Agosto e outubro foron os meses do ano nos que máis turistas se achegaron a cidade con 9.245 e 9.124 visitas respectivamente.
Un total de 28.208 das persoas que acudiron a Oficina de Turismo do Concello procedían do estranxeiro.
O Centro social Uxío Novoneyra acollerá o 19 e o 20 de xaneiro unhas Xornadas Técnicas para capacitación de Técnicos de Instalacións Deportivas, nas que xa están inscritos cursillistas de toda España.
Os alemáns Helloween, Axxis e Gamma Ray actuarán o vindeiro xoves 17 de xaneiro no Pazo de Feiras e Exposicións a partir das 20:00 horas.
As entradas están a venda desde este venres, 11 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da oitava edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras estes oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, pois esta mostra atrae a público doutras cidades”.
Concepción Burgo destacou a e
La empresa TABOADA Y RAMOS S.L. tiene previsto para el próximo lunes día 14, y con una duración aproximada de dos meses, el inicio de las obras de pavimentación y servicios en el cruce de las calles Rei don García, Camiño de Sanxillao y Rampa de Claudio López.
O Concello de Lugo, mantén aberto o prazo de inscrición no proxecto “Lugoqualitas”, encadrado no Programa Leonardo da Vinci, que promove a concesión de bolsas de 13 semanas de duración para a realización de prácticas laborais en empresas de Italia e Polonia.
Será a través do Proxecto-TDT desenvolto en colaboración con Telefónica a nivel nacional
Medio centenar de lucenses poderán participar gratuítamente no proxecto e ser os primeiros en experimentar esta nova t-administración
Os interesados só teñen que chamar ao 010 o martes, 15 de xaneiro
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentaron o Proxecto-TDT que o Concello desenvolverá en colaboración co Ministerio de Industria, Telefónica e RTVG.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou hoxe que a boa xestión dos orzamentos nestes anos de goberno permitiu que os servizos do Concello de Lugo “mellorasen extraordinariamente”. Isto fixo pensar ó seu departamento en facer pública a evolución real dos orzamentos para que os veciños coñezan cada certo tempo en que se invisten os cartos públicos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- 1749
- 1750
- 1751
- …
- seguinte ›
- última »