Un total de 83 parellas contraeron matrimonio na Casa Consistorial Ó longo do ano 2007, 26 máis que no ano 2006.
O Alcalde, José López Orozco, segue a ser o edil que máis vodas oficia, pois durante estes doce meses casou a 48 parellas, máis do 50% das cerimonias. Luisa Zarzuela e José Piñeiro son os seguintes como os que máis vodas ofician con sete e seis respectivamente. Carmen Basadre con cinco casamentos, Sonia Méndez con catro e José Ramón Gómez Besteiro con tres, son os seguintes.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, asistiron ás 10 da mañá ao inicio da quinta edición dos Almorzos Saudables que comezou hoxe no colexio de Albeiros.
Este ano están inscritos nesta iniciativa do Concello de Lugo, todos os colexios da cidade, arredor de 25 entre públicos e privados, e participarán 2.173 rapaces de entre 6 e 8 anos pertencentes aos cursos de primeiro e segundo de primaria.
Esta campaña, que continuará ata o vindeiro 26 de marzo, está realizada para promocionar os hábitos saudables entre os escolares e ensinarl
Cyrano de Bergerac abre a VIII Mostra de teatro Clásico organizada pola Concellería de Cultura e Turismo en colaboración con Caixanova.
A obra de Edmond Rostand será representada mañá martes, día 22 de xaneiro, pola compañía Concha Busto Producción y Distribución.
A famosa obra é unha obra en verso romántica de extraordinaria beleza. Conta a historia dun narigudo soldado poeta namorado dunha fermosa muller, pero dada a súa fealdade non espera nada dese amor.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e algúns membros da Corporación, recibiron por primeira vez, dende que tomou posesión do seu cargo, a visita do Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro.
É a primeira vez en 9 anos que o presidente do organismo provincial visita oficialmente o Concello.
Mañá sábado 19 de xaneiro celébrase a tradicional Carreira Noctura de Reis na praza Ramón Ferreiro de Lugo, a que supón a segunda carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2007/2008 para os adultos e a terceira para os rapaces.
Estas probas son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, Infraestruturas, José Piñeiro, Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Protección da Comunidade, José Rábade, asistiron, xunto o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e o Presidente da Asociación de Hostaleria, Francisco Real, á constitución da Mesa Local de Comercio de Lugo.
A constitución desta mesa foi un compromiso acadado polo Alcalde nas pasadas eleccións cos comerciantes e hostaleiros da cidade.
O Alcalde sinalou que “Lugo
O concerto de Helloween, Axxis e Gamma Ray congregou a preto de duas mil quinientas persoas que chegaron de lugares como Ponferrada, León, Oviedo, Albacete e Madrid, entre outros sitios, ademais da cidade e da provincia.
Os míticos grupos de heavy-metal fixeron vibrar ao público asistente que se entregou aos ritmos potentes das bandas xermanas.
As autoridades visitaron as obras do novo PIT que contan cun investimento de arredor de 265.000 euros
O sábado 19 de xaneiro comeza a preparación dos preseleccionados para participar no Concurso Nacional
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, e o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, presentaron o XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridade.
Lugo convértese deste xeito na primeira cidade española que consegue esta distinción en máis dunha ocasión.
O Concello de Lugo habilitará este xoves, 17 de xaneiro, unha liña de autobus especial para comunicar o centro da cidade co Pazo de Feiras e Congresos con motivo da celebración do macroconcerto dos grupos de heavy metal Helloween, Axxis e Gamma Ray.
Deste xeito os asistentes ao espectáculo musical terán a súa disposición un servizo de transporte gratuíto e adaptado que sairá desde a Praza de Santo Domingo, a partir das 18:30 horas e cunha periodicidade de 15 minutos, hacia o recinto feiral. Ademais, haberá un servizo de volta a partir das 00:30 horas hacia o centro da cidade.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Vicerreitor Adxunto de Inverstigación e de Proxección exterior do Campus de Lugo da USC, Agustín Merino, presentaron o II Maratón empresarial Universitario. Campus Enterprise que terá lugar no Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo a partir do 21 de febreiro.
Trátase dun concurso por equipos integrados por alumnas e alumnos universitarias do último ou penúltimo curso da súa carreira.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- 1749
- …
- seguinte ›
- última »