A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na inauguración oficial do Seminario (ni+ ni-) Igualdad de Xénero na Sociedade da Información que acolle este xoves, 24 de xaneiro, o Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia.
No acto tamén participaron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Delegado Provincial de Traballo, Miguel Vázquez Calvo, e o Director de Agestic, José María López Bourio, asociación que organiza os catro seminarios sectoriales.
Este ciclo de xornadas divulgativas arrincou en Lugo cun seminario sobre a aplicación das TIC no sector prima
Cos bailes infantís de disfraces dos Centros Sociales Municipais, do día 31 de xaneiro, dará comezo ó programa do Entroido deseñado polas Concellerías de Cultura e Turismo, e de Muller e Benestar Social. Continuará coa comida do Entroido no Centro Social Municipal da Milagrosa o venres 1 de febreiro.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou xunto aos representantes da organización, Manuel González e Antonio “Nadela”, a Feira do Entroido de Nadela que organiza a Asociación Carballeira de Nadela en colaboración co Concello de Lugo.
Esta feira terá lugar o domingo 27 de xaneiro desde ás 9:00 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os postos de venta ao público, que son gratuítos para todos os comerciantes que queiran participar.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistirá xunto á Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, á apertura do ciclo de xornadas divulgativas organizado polo Cetal.

O Programa “Escola Solidaria” comenza o seu funcionamento o día 31 de decembro de 2007 cunha duración de ano e medio, promovida polo Excmo.Concello de Lugo a través dunha subvención da Consellería de Traballo o abeiro da Orde do 16 de febreiro de 2007, tendo como obxeto de actuación a rehabilitación da antiga escola rural de S. Pedro de Mera así como a construcción de determinado mobiliario urbano.
O programa consta de tres fases de duración semestral: a 1ª fase de formación no que os alumnos-traballadores reciben unha axuda de asistencia de 6.01€/día lectivo e asistido.
A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, Juan Méndez Dónega, o coordinador do Aula de Productos Lácteos e Mª Paz Fernández-Albalat Ruiz, responsable de contidos do Obradoiro de emprego, presentaron as actividades que realizarán os escolares da cidade no citado centro.
Vieiro explicou que “o Goberno Local implícase moito na boa alimentación dos rapaces e para iso realizamos os almorzos saudables.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 25 de xaneiro o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Rúa Bispo Aguirre
Praza Maior
Alameda
Rúa Dr.
A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou ó xurado deliberante do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa organizado nesta edición polo Concello de Lugo.
Trátase dun premio patrocinado por 75 concellos galegos, xeralmente considerado como o máis importante para narrativa en lingua galega, e cun importe de 12.020 euros.
O stand de Turgalicia acollerá, o próximo día 31 de xaneiro, a presentación da oferta turística de Lugo, que este ano presenta como novidades: o Centro de Interpretación da Muralla, o novo portal www.lugoturismo.com e as novas rutas audioguiadas, actuacións realizadas polo Concello de Lugo no marco Plan de Excelencia Turística.
O Centro de Interpretación da Muralla será inaugurado en febreiro pero xa estará presente nesta feira internacional.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1740
- 1741
- 1742
- 1743
- 1744
- 1745
- 1746
- 1747
- 1748
- …
- seguinte ›
- última »