O acto tivo lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiu á presentación dun documental que denuncia a escravitude sexual ás que son sometidas milleiros de nenas en Camboia.
A Concellería de Xuventude presenta a programación de actividades para a mocidade lucense de cara aos vindeiros meses. Este programa pretende proporcionar á xuventude lucense unha serie de actividades coas que ocupar o tempo de lecer dun xeito saudable e poder compaxinalo cunha formación útil para incorporarse ao mercado laboral.
Dunha banda, a concellería organiza dúas actividades deportivas e de lecer:
A primeira delas é a ”Viaxe ao Gran Premio de España de Fórmula 1”, xa que a Fórmula 1 é un deporte que conta cada vez con máis afeccionados entre a mocidade de Lugo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a primeira visita institucional do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla Ramil.
López Orozco aproveitou o acto para apostar publicamente de novo polo mantemento do diálogo social, que debe adaptarse ás realidades e situacións que vive a economía e o mercado de traballo: “temos que lograr a creación de máis traballo e en mellores condicións”.
O Alcalde lucense explicou que neste momento “estamos na mellor das disposicións para colaborar cos empresarios, co fin de que sigan medrando.
Os bombeiros de Lugo celebrarán mañá sábado, 8 de marzo, a festivadade de San Xoán de Deus, o seu patrón. Como en anteriores ocasións, os bombeiros realizarán un desfile polo centro da cidade cos coches engalanados e utilizandos sirenas e luces. Esta actividade, que se realiza todos os anos, é seguida por moitos lucenses.
A continuación celebrarase a misa na honra de San Xoán de Deus na capela do parque de bombeiros.
Como en anteriores anos, a víspera da celebración, o parque de bombeiros abriuse aos rapaces da cidade.
O Concello de Lugo e Caixanova achegan a Lugo a representación dunha das óperas de maior éxito de Puccini, “A Bohème”, que terá lugar o luns, 10 de marzo, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O vindeiro domingo, 9 de marzo, terá lugar a terceira proba do circuito Corre con Nós 2007-2008 organizado polo Concello de Lugo. Saida e meta de todas as categorías estará situada baixo a Ponte Nova na propia estrada de Ombreiro en diracción á estación elevadora de augas.
A organización ten previsto abrir o prazo de recollida de dorsais e chips de todos aqueles que non o fixeran con antelación, o mesmo domingo a partir das 11:00 horas na carpa central, situada no aparcadoiro superior do centro comercial ata as 11:30 horas.
O filme “O domingo, se deus quere” abre o ciclo este venres ás 20:00 horas
Este venres, 7 de marzo, arrinca un novo ciclo de cine xuvenil organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Vicerreitor adxunto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, Agustín Merino, presentaron as unidades transfronterizas de apoio do Proxecto PARQUE.
A Concelleira explicou que “estas unidades servirán como soporte para a mellora e o desenvolvemento dos parques”, xa que só 11 dos 288 que forman parte da eurorrexión dispoñen de servizos de videoconferencia, 16 de servizos de información empresarial, e 29 de servizos de vixilancia de empresas.
Os interesados poden inscribirse gratuítamente na Piscina Municipal de As Pedreiras
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Director Xeral de Framgarro Sport, Francisco García e ao Director de Área de Negocio de La Caixa, José Manuel López, a VI Xira “Multideporte Joven” que se celebra en Lugo por quinto ano consecutivo.
O edil explicou que “esta actividade consiste nun torneo de fútbol 3x3 e outras actividades deportivas que supoñen unha festa do deporte para os rapaces lucenses e serve para fomentar a práctica do deporte ”.
O Presidente provincial destacou que a construción do vial é un exemplo de colaboración entre administracións
O Alcalde anunciou que na urbanización de Paradai o Concello fará vivendas en aluguer con dereito a compra
A Deputación, en colaboración co Concello de Lugo, construirá a rúa Pedáneo Xoán Diego que da acceso ó parque de Paradai.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- 1736
- 1737
- 1738
- 1739
- …
- seguinte ›
- última »