O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco, inauguraron hoxe o hotel monumental construído no Pazo de Orbán e Sangro.
O espazo construído en pleno centro histórico da cidade completa a oferta hostelera lucense e forma parte da remodelación que os últimos anos se está levando a cabo no burgo vello de Lugo.
A Concelleira de Cultura indicou que “se trata dunha expléndida recuperación do edificio e que é unha mostra da importancia que ten
As ideas claras e os pasos a seguir fixados dende o principio. Esa é a clave do éxito da empresa ficticia Malo será que venceu na II edición do Maratón Empresarial Universitario que un ano máis organiza a Concellería de Emprego que dirixe Sonia Méndez.
O equipo, composto por catro mozos estudantes de Administración e Dirección de Empresas e de Empresariais, obtivo un beneficio que se aproxima ao millón e medio de euros.
O ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola, que se celebra por terceiro ano organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, comenzou o pasado 28 de febreiro e xa foron dous os centros lucenses nos que tiveron lugar estas charlas: o CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) e o CEIP Virxe da Soidade.
Mañá xoves 13 de marzo, os escolares lucenses terán unha nova cita coa romanización no CEIP de Casás.
Neste programa participan preto de 270 rapaces do último ciclo de primaria de sete centros públicos de Lugo.
O negociado de Sanidade e Consumo do Concello de Lugo informa que o venres día 14 de marzo o servizo de desratización actuará nas seguintes rúas e prazas:
Tramo Ronda da Muralla dende a Porta da Rúa Nova á Porta Santiago.
Ronda do Carme e arredores
Tramo do Pazo Municipal dos Deportes á Porta Santiago.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Deputado Provincial da Área de Deportes, Antonio Veiga, ao Presidente da Federación Galega de Triatlón, Paco Villanueva e ao secretario da Asociación F.F.M., Miguel Fernández, o campionato de España de Pentlatón Moderno que acollerá Lugo o vindeiro sábado, 15 de marzo.
Díaz Grandio explicou que os participantes competirán en catro probas que consistirán en proba de tiro, de esgrima, de natación e de carreira de asfalto para o que se aproveitarán as instalacións do Pavillón Municipal de Frigsa.
A competición a
A conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, e mailos alcaldes da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo para analizar o contido do anteproxecto de lei de Fomento do Transporte Público de Viaxeiros de Galicia, que está a elaborar a CPTOPT.
As representacións serán o 26 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e o promotor Ignacio Faulín, anunciaron que no mes de abril unha espectacular montaxe chegará á cidade: o Grease Tour.
Con esta producción de luxo o Concello de Lugo continúa coa súa aposta pola promoción da cultura de calidade na cidade. Nesta ocasión ábrense as portas do Auditorio Municiopal para fomentar a iniciativa privada.
Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá mañá mércores, 12 de marzo, a montaxe dunha nova obra que forma parte do ciclo Teatro Galego en Lugo organizado polo Concello de Lugo e o IGAEM.
Volta e Dálle Teatro representará ás 20:30 horas Pan. Catro propostas arredor da malla, unha obra que simboliza a transformación da nosa sociedade tradicionalmente agraria nunha globalizada. O pan xa non se amasa na artesa, senón en fatorías deshumanizadas, nin vén do trigo mallado, senón de fariñas industriais.
O vicerreitor de Cultura da USC, Elías Torres, inaugurou este martes na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo a cuarta edición do Curso de Primavera ‘América, Américas’, na que participan un total de 200 persoas e que se prolongará ata o día 13.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1727
- 1728
- 1729
- 1730
- 1731
- 1732
- 1733
- 1734
- 1735
- …
- seguinte ›
- última »