O Concelleiro de Transportes, José Rábade, presentou hoxe unha nova guía dos horarios e percorrido dos autobuses urbanos de Lugo.
A guía presenta unha relación das liñas nas que se sitúan as horas de saída e frecuencia dos autobuses.
O vicerreitor adxunto de Investigación e Proxección Exterior, Agustín Merino, inaugurou este luns na Escola Politécnica Superior de Lugo o I Curso Interncional Avanzado de Sistemas Agroforestais, organizado ao amparo do programa Erasmus. No acto de apertura o vicerreitor estivo acompañado polo voceiro do Concello de Lugo, José Rábade Arias; o director da EPS, Javier Bueno; os investigadores e organizadores do curso, Rosa Mosquera e Antonio Rigueiro, e os investigadores americanos Ramachandran P.K.
A Guía inclúe o Calendario do contribuínte para facilitar a planificación dos pagos obrigatorios
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, e o Director Territorial de Caixa Galicia en Lugo, Walter Álvarez, presentaron a edición en papel da primeira Guía do Contribuínte que patrocina Caixa Galicia e que a partir de abril se repartirá entre a cidadanía.
Trátase dun manual con información de moita utilidade para os contribuíntes, así como dun calendario estable para o pago dos tríbutos.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os actos de celebración da Virxe dos Ollos Grandes, patrona da Policía Local, o vindeiro 1 de abril.
Rábade anunciou que este ano contará cunha programación de actos diferente.
O día 1 de abril haberá a tradicional recepción de autoridades no Concello a partir das 11:30 e continuará cunha Misa na Catedral, concretamente na capela do Bon Xesús.
David Cierco destacou o liderazgo neste campo de López Orozco e o esforzo da Deputación de Lugo
O Director Xeral en funcións da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco, anunciou na clausura da xornada “Mellores Prácticas no uso das TIC no Ámbito Municipal” celebrada este venres no Centro de Empresas e Innovación que Lugo é a cidade favorita para ser o núcleo en Galicia da rede de cidades innovadoras.
David Cierco destacou o liderazgo neste campo de López Orozco e o esforzo da Deputación de Lugo
O Director Xeral en funcións da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco, anunciou na clausura da xornada “Mellores Prácticas no uso das TIC no Ámbito Municipal” celebrada este venres no Centro de Empresas e Innovación que Lugo é a cidade favorita para ser o núcleo en Galicia da rede de cidades innovadoras.
A Concellería de Muller que dirixe Carmen Basadre, organiza un ano máis o tradicional Itinerario de Mulleres, este ano enmarcado nos actos conmemorativos do Centenario do Día Internacional da Muller.
Este ano a Concelleira xa anunciou que porá en marcha actos relacionados coa muller e os seus dereitos ao longo de todo o ano.
Como ven sendo habitual todas as mulleres e homes que o desexen poderán participar partindo dende o Parque Rosalía de Castro ás 12:00 horas e rematando no Museo Provincial despois de percorrer diversas prazas e rúas.
As rúas que se percorren son: a Ave
As Concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e Servizos Sociais, Carmen Basadre, recibiron na Casa do Concello aos participantes nas XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría, organizadas en colaboración co Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, e que nesta ocasión levan como título xenérico Drogas e accidentes de tráfico.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros integrantes do Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), mantiveron unha nova xuntanza para analizar o curriculum vitae de cada un dos sete candidatos que optan ao posto de Director Xeral do Centro.
Logo de dúas xuntanzas nas que se entrevistou aos preseleccionados, hoxe foi o Padroado o que puxo sobre a mesa as preferencias tendo en conta as características dos candidatos a dirixir o CETAL.
O Alcalde de Lugo destacou que “a decisión queda posposta ata dentro dun mes e medio que será cando se tome a de
O Concello de Lugo, dende a Concellería de Economía que dirixe Sonia Méndez, decidiu comezar un proceso de mellora na atención aos contribuíntes do municipio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- 1729
- 1730
- 1731
- 1732
- …
- seguinte ›
- última »