A segunda xornada do Foro Interrexional de Cidades en Políticas Públicas e Tratamento de Drogas no que participa o Concello de Lugo, centrarase nas diferentes opcións de tratamento aplicables ás drogodependencias.
O primeiro relatorio comezará ás 8:30 cunha conferencia maxistral sobre a Filosofía do Tratamento e continuará cun desenvolvemento das diferentes estratexias a seguir.
Ás 10:30 está prevista unha reunión cos Alcaldes de todas as cidades presentes no Congreso, entre os que estará o mandatario lucense, José López Orozco.
O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares deu conta da nova xuntanza mantida co resto dos grupos políticos para analizar a situación do Plan Xeral unha vez incorporados os cambios solicitados polos grupos nas xuntanzas anteriores.
Fernández Liñares explicou que hoxe estiveron revisando xunto cos responsables de Urbanismo e Arquitectura do Concello, os planos e “practicamente todo o que lles pedimos está recollido”.
Liñares explicou que se recibiron 5 tomos que recollen os plans de ordenación, xestión e ordenación territorial.
O Voceiro Municipal, José Rábade, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno Local aprobou a oferta de emprego público para o ano 2008, oferta que fora acordada anteriormente coa mesa de negociación.
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e o moto club Kastri Racing celebrarán o próximo 17 e 18 de maio a carreira de motos Clásicas Muralla Memorial Juan Manuel López Mella, en homenaxe ao piloto lucense.O circuíto urbano está especialmente deseñado para o goce do público e con todas as medidas de seguridade para os pilotos e afeccionados.
As motos admitidas para esta proba son as seguintes:
- Categoría 2T. Motocicletas de competición monociíndricas ata 250 c.c.
- Categoría 4T.
O xurado do XXVI Premio Blanco Amor de Novela Longa reúnese este sábado a partir das 11:30 horas na Casa do Concello de Lugo para decidir o nome do gañador desta edición.
Recordemos que este premio está patrocinado por 75 concellos galegos e que está considerado como o máis importante da narrativa en lingua galega cun importe que supera os 12.000 euros.
O xurado que decidirá ao longo da mañá do sábado a novela que merece o galardón, está composto por tres escritores -un deles, Rábade Paredes, é o gañador da anterior edición do Blanco Amor-, e dous dos máis importantes e acreditad
O Concello de Lugo celebrou hoxe a festividade da patrona da Policía Local, a Virxe dos Ollos Grandes cunha programación que variou respecto a anos pasados.
As 11:30 horas houbo a tradicional recepción de autoridades no Concello que continuou cunha Misa na Catedral, concretamente na capela do Bon Xesús.
O Concello de Lugo, a través do seu departamento de Sevizos Sociais, abre o prazo para concurrir ao procedemento de contratación para a adquisición de cinco vivendas destinadas aos servizos sociais municipais.
Ata o 8 de abril os propietarios que o desexen poderán poñerse en contacto cos servizos sociais situados no edificio administrativo da Ronda da Muralla ou no 010.
Os requisitos das vivendas para concurrir a este proceso, son que teñan un custo máximo de 82.080 euros por vivenda co límite de 1.164 euros por metro cadrado.
O Concello continúa así co proceso de adquisic
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu na Casa do Concello, ao equipo de futbol sala xaponés Human Falco. Méndez deulles a benvida á cidade e animoulles a disfrutar dos monumentos, gastronomía e ambiente de Lugo.
O equipo está na cidade para captar e aprender métodos deportivos de adestramento, así como para coñecer e asimilar os sistemas de xestión, de organización e de estructura do equipo lucense Azkar.
O Concello de Lugo arrincará no mes de abril unha nova edición do Festival de Música Cidade de Lugo, coincidindo coa XXXVI Semana do Corpus. O que xa está considerado como o mellor festival de música clásica de Galicia e que conta cun enorme recoñecemento a nivel nacional, foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura, Concepción Burgo; o Director do Festival, Víctor Carou, e o representante da entidade colaborada Caixa Galicia, Sinesio Pérez.
Esta edición do festival, arrica o sábado 12 de abril co concerto da Real Filharmonía de Galicia, ás 20:30 horas no Círculo das Artes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- 1729
- 1730
- …
- seguinte ›
- última »