O Concelleiro de Transportes, José Rábade, propuxo esta mañá ante a Comisión de Tráfico, a elaboración dun novo prego e dunha nova ordenanza do servizo de ordenación e regulación de aparcamento. A proposta incluiría a creación de diferentes zonas de estacionamento segundo as necesidades de utilización nas distintas zonas da cidade.
A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, colabora, un ano máis, o Movemento de Renovación Pedagóxica “ESCOLA VIVA” dependente de FETE-UGT e coa USC, na Xornadas que dende fai 6 anos de están a desenvolver na Cidade de Lugo e que están abertas a todo o profesorado da nosa Comunidade.
O martes 8 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Xitanos. Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no Primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, está tendo nos últimos anos unha importante difusión.
Se elimina el proceso de cloración sustituyéndolo por una ozonización que no genera subproductos indeseados para la salud
El presidente de la Confederación Hidrográfica del Norte, Jorge Marquínez, acompañado por el alcalde de Lugo, José López Orozco, visitó esta mañana la nueva Estación de Tratamiento de Aguas Depuradas (ETAP), que se enmarca en la primera fase de la actuación de “Abastecimiento de agua a Lugo”, presupuestada en 34,6 millones de euros.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, entregou hoxe os premios aos grupos gañadores da V edición de Na Búsqueda do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude e que se celebrou os pasado 3 e 4 de xaneiro.
Para a categoría A, (de 14 a 17 anos) foron entregados os seguintes premios aos seguintes grupos:
1º premio, tres consolas Wii para Más solo que la una.
2º premio, 3 MP4 para MEI
3º premio, unha cea en Boccalino para Pink Ladies
Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) houbo un único gañador, o equipo Patrau que recibiu como premio para os seus in
Este venres, 11 de abril, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias para ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.
Nesta ocasión proxectarase a película El Principio de Arquímides. Sonia (Marta Belaustegui) é unha alta executiva do mundo da moda que apenas ten tempo para dedicar ao seu fillo e ao seu marido.
Un total de 49 rapaces de 14 a 16 anos participarán dende o día 21 de abril nos tradicionais cursos de ciclomotor que organiza o Parque Infantil de Tráfico, en colaboración cos centros de ensino secundario, a Xefatura Provincial de Tráfico e o Instituto Mapfre de Seguridade Vial.
Este ano os rapaces pertencen a sete centros de Lugo e o calendario coa formación dos grupos e os horarios pode consultarse nos taboleiros de anuncios dos centros, na web municipal ou no propio parque, chamando ao teléfono 982 20 63 39.
Os cursos se celebrarán todas as tardes, de 18:30 ás 20:30 horas, ag
Alumnos de ciclos formativos a familia profesional de Mantemento de vehículos autopropulsados poderán realizar o módulo de formación en centros de traballo en concesionarios SEAT situados en Galicia
Habilitarase no IES As Mercedes de Lugo unha aula na que se poida levar a cabo a formación complementaria para o alumnado e o profesorado destas ensinanzas
A conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; e o director de SEAT España da empresa SEAT, S.A., Pedro Catena Pou; asinaron esta mediodía no Instituto de Educación Secundaria (IES) As
O Boletín Oficial da Provincia anuncia hoxe a aprobación das bases reguladoras das axudas relativas á área de Rehabilitación Integral do Sagrado Corazón, o que supón que a partir do xoves día 10 de abril os veciños poden comezar a solicitar as axudas.
Para facelo deberán presentar toda a documentación nas oficinas de rexistro de Evislusa situadas na rúa Quiroga Ballesteros, s/n, baixo, en horario de 9:00 a 13:30 horas.
O número de actuacións cualificadas de subvencionable é de 250 e as axudas serán por un importe do 80% do orzamento protexido das obras de rehabilitación, cunha co
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1720
- 1721
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- 1726
- 1727
- 1728
- …
- seguinte ›
- última »