A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a Intranet do Concello de Lugo á que terán acceso os empregados municipais: POLEM, o Portal Lucense do Empregado ao que terán acceso máis de 800 usuarios en rede. A Concelleira explicou que “esta ferramenta está dentro do programa de desenvolvemento das Novas Tecnoloxías que se ven desenvolvendo dende op 2003 no Concello”.
Zarzuela explicou que “se trata dunha nova forma de autoxestión que permitirá realizar aproximadamente 39 xestións diferentes e que garantiza a comunicación entre departamentos”.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, o Xefe da Área de educación e divulgación da DXT, Juan Jesús Martín, e o Xefe provincial de Tráfico, Julio González, asistiron hoxe a un simulacro das probas que terán que realizar os rapaces participantes no XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridade o vindeiro mes de maio na cidade.
Uns 30 rapaces participaron nos circuitos de bicicleta, kart e ciclomotor que se realizaron no Parque Infantil de Tráfico cuns resultados de tempo moi positivos, segundo os organizadores do evento.
Un ano máis a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, organiza sesións de teatro en inglés dirixidas ao alumnado de secundaria dos centros educativos de Lugo.
En total serán 1.117 rapaces e rapazas lucenses os que disfrutarán da representación da obra Today Could Be Your Big Day o 16 de abril no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
A obra conta a historia de Bob e Harry, que soñan coa fama pero de momento só puideron achegarse a ela no seu traballo.
A web municipal realizou unha enquisa sobre os maiores acontecementos históricos ou sociais da vida das mulleres co fin de coñecer a opinión dos lucenses neste tema.
Continúa aberto o prazo para a presentación de orixinais da VII edición do concurso de debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo destinado a todos os escolares e a estudantes de secundaria e bacharelato de toda Galicia, organizado polo Concello de Lugo.
Como indicou no día da súa presentación a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, esta iniciativa municipal está orientada a fomentar unha boa educación viaria entre os nenos e os mozos galegos e convídaos a reflexionar sobre este tema a través dun exercicio de creatividade.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Antonio Latorre e Martín Graham, membros da Asociación Lucense de Coches Antigos e Clásicos, presentaron o V Rali Cidade de Lugo que se celebrará o vindeiro sábado 19 de abril a partir das 10:00 horas. Esta proba, que se celebra por quinto ano consecutivo, desenvolverase ao longo da xornada por estradas de Lugo, Meira e Rábade.
Co segundo dos concertos do Festival de Música Cidade de Lugo 2008 comézase, mañá mércores 16 de abril, a abordar un dos xéneros que terá máis protagonismo nesta trixésimosexta edición do festival: a ópera barroca.
O gran protagonista deste concerto é o contratenor catalán Xabier Sábata que dedica este espectáculo titulado Undercastration a un dos míticos castrados coñecido como Francesco Bernardi, il Senesino (1685-1759).
La directora de Fundación Mujeres, Marisa Soleto Avila, y el director de la Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar López, firmaron un convenio de colaboración mediante el que, en el ámbito del Programa de Microcréditos de la entidad financiera, avanzarán en el apoyo a la inserción sociolaboral de mujeres emprendedoras.
Mediante este acuerdo se financiarán proyectos que conduzcan al autoempleo y a la creación de microempresas promovidas por mujeres con dificultades de acceso al sistema tradicional de financiación bancaria por falta de garantías o avales, bien por encontrarse en sit
Será o sábado 19 de abril a partir das 10 da mañá
Permitirá coñecer in situ o primeiro treito da vía XIX do itinerario de Antonino
O Alcalde de Lugo, José López Orozco e a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial de Lugo, Lara Méndez, presentaron a andaina pola Vía Romana XIX que terá lugar este sábado, como remate aos tres anos de intensos traballos realizados no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, e o Delegado Provincial de Educación, Luis Manuel Álvarez, presentaron hoxe as actividades que se están a realizar a través da Aula Auxiliar Mentor do Concello de Lugo.
A Aula Mentor, do Ministerio de Educación y Ciencias é un sistema de formación aberta, libre e a distancia (a través de Internet), apoiado en unha plataforma tecnolóxica que ofrece unha ampla oferta formativa adaptada ós intereses e necesidades da población.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1717
- 1718
- 1719
- 1720
- 1721
- 1722
- 1723
- 1724
- 1725
- …
- seguinte ›
- última »