O evento foi presentado polos organizadores da competición así como polo Concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acollerá ata o vindeiro domingo a participación de máis de mil xogadores.
Mañá venres, 2 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.
O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.
Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme Los Amantes del Círculo Polar.
O vindeiro luns 5 de maio comeza a VI Edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo organizada polo Concello de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer Fingoi, que nesta edición estará coordinada por Palimoco Teatro.
Esta mañá foi presentado no Concello de Lugo o IX Torneo de prebenxamines Escola Terra de fútbol sala que está organizado pola Fundación Azkar xunto con Prone Lugo e a Escola de fútbol sala Terra e no cal colaboran a Concellaría de Deportes do Concello de Lugo e o Colexio de Árbitros de Lugo e que está patrocinado por Transportes Azkar e Cocacola.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu unha nova xuntanza da Comisión de Rueiro na que se deu nome ás sete rúas e prazas que quedaron pendentes a semana pasada.
Deste xeito complétase a listaxe de rúas sen nome que existían ata o de agora en Lugo e que ascendían a 24. Con esta nova xuntanza plantexáronse e estudáronse novas propostas que foron aprobadas pola Comisión e que se levarán a Pleno.
Son:
- Xesús Vilela García (Profesor), ao que se lle dedicará unha rúa en Abuín.
- Ramón Beberide (Radiofonista) na Praza do Castiñeiro.
O xurado da VII edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo reuníuse na tarde de onte, luns 28 de abril, para seleccionar os debuxos gañadores deste certame destinado a todos os escolares e estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.
Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiu o xurado, que estivo integrado polo Xefe Provincial de Tráfico, Julio González, o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, o Director da Escuela de Artes Ramón Falcón de Lugo, Manuel Lamas, unha representante da Fundación Mapfre de Seguridade Vial, Esther López,
O Auditorio Gustavo Freire acolle mañá venres, 25 de abril, a partir das 20:30 horas, a obra Salir del armario dentro do programa cultural organizado pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.
A obra conta a historia de Piñón, un home gris e afable que traballa nunha fábrica de preservativos e que un día descubre que vai ser despedido.
Comezan os concertos en familia do Festival de Música Cidade de Lugo que este ano aumenta a súa oferta a tres actividades que terán lugar a media tarde doutros tantos sábados no Círculo das Artes. O Corpus dos nenos deste ano terá como protagonista a Igor Stravinski e comeza mañá, sábado 26 de abril, ás 18:00 horas cun espectáculo, musical e teatral, sobor dunha das obras máis coñecidas do compositor ruso, a Historia do soldado.
Dentro da xira que o espectáculo musical Los Chicos del Coro-Les Choristes realizará próximamente por diferentes cidades de Galicia, actuarán no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o 25 de maio ás 20:30 horas.
A Concellería de Xuventude, que dirixe Carmen Basadre, celebrou hoxe a festa de inauguración dun novo Punto de Xuvenil que o Concello de Lugo ofrece aos mozos e mozas da cidade na Praza de O Castiñeiro.
O centro estará aberto de luns a venres de 17:00 a 20:30 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1712
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- 1718
- 1719
- 1720
- …
- seguinte ›
- última »