A lírica e os seus xéneros volven a ser un dos pratos fortes da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, que tras a actuación da soprano alemá Simone Kermes non deixa que decaia o interese das súas propostas e así contamos para este oitavo concerto coa presenza de dous artistas de recoñecido talento e fama internacional como a soprano Carolyn Sampson e o pianista Julius Drake.
Para o seu primeiro recital en Galicia, a soprano inglesa Carolyn Sampson escolleu un variado programa con lied alemán (Mendelssohn e Schubert) e mélodie francesa (Debussy e Poulenc).
A mesa de Contratación do Concello de Lugo, celebrada esta mañá, recibiu un total de nove ofertas para a cotratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico e dirección de obra de construcción dunha biblioteca no barrio da Piringalla. O prezo máximo do contrato estaba fixado en 64.982 euros e unha duración de tres meses.
Este é un paso máis para acadar un dos compromisos acadados polo Goberno de López Orozco nas pasadas eleccións.
O Excelentísimo Concello en Pleno aprobou por unanimidade a adopción do acordo de expresar a condolencia da Excma. Corporación Municipal ás familias do ex-presidente D. Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo e do ex-concelleiro lucense D. Aniceto Codesal Lozano.
No Acordo os tres grupos con representación municipal deciden “que é obrigado facer no día de hoxe unha lembranza da figura de Calvo-Sotelo. Con 82 anos morre o que foi o segundo presidente do Goberno da España constitucional, o primeiro en falecer.
A revista Foeminas chega cun novo número onde a visibilidade das mulleres será a súa prioridade. Por isto e para saber máis do seu pasado reciente e celebrando un novo aniversario da II República publican no apartado de Historia de Mulleres a terceira e derradeira parte da vida de Matilde Landa.
En función da historia, da linguaxe e da igualdade presentan en portada o artículo de Cristina Corral Soilán titulado: La Coeducación. Pinceladas Lingüísticas sobre el uso del genérico.
Mañá sábado, 3 de maio, terá lugar a final provincial de Lugo Duatlón Escolar Xunta de Galicia 2008 organizada pola A.D. FeFeMe Triatlón do Miño co patrocinio do Concello de Lugo e a Dirección Provincial de Cultura e Deporte en Lugo. Para a realización desta proba contarase coa colaboración da Federación Galega de Triatlón, Protección Civil Concello de Lugo, a Policía Local, a Fundación Deporte Galego, o Xacobeo e Asogal.
Os organizadores prevén unha participación de 120 rapaces e rapazas de toda a provincia.
A fin de semana, o sábado 3 e o domingo 4 de maio, terá lugar nas pistas municipais Gregorio Rivera o Criterium Galego de probas combinadas e Campionato Galego de Pentahlon, Heptathlon e Decathlon de veteranos.
Nestas participarán diferentes atletas das categorias cadetes, xuvenil, junior, promesa, senior e veteranos. Os atletas veteráns poderán paticipar en Pentathlón (lonx, xav, 200, dis, 1500) oudecathlon.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo balance da segunda edición da campaña de familiarización coas Novas Tecnoloxías, Conéctache en Lugo 2.0. A Concelleira afirmou que “o éxito no número de participantes, ao redor de 500, demostra que Lugo e os seus cidadáns cada día é máis dixital”.
A campaña realizouse a través de aulas itinerantes situadas nos oito centros sociais municipais da cidade, dinamizada por medios interactivos e conducidas por persoal monitor especializado.
O sétimo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo é, sen dúbida, unha das citas máis agardadas e que ningún afeccionado debería perderse. Dentro da programación desta 36ª edición do Festival chama poderosamente a atención a presenza dunha das máis rutilantes figuras actuais do mundo da ópera, a soprano alemá Simone Kermes.
Tras causar unha grandísima impresión na inauguración en Santiago do Festival Via Stellae o pasado verán, volve a Galicia cun esixente programa que require grandes doses de virtuosismo e que está ao alcance de moi poucas cantantes no mundo.
Mañá, luns 5 de maio, comeza a sexta edición da Semana da Oralidade, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro.
A web municipal realizou unha enquisa sobre as medidas máis útiles do proceso de mellora e modernización na atención ao contribuinte realizada polo Concello de Lugo apostando pola claridade e a transparencia na xestión.
Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 51,97% dos votos (con 79 votos) dos lucenses considera que o máis cómodo e o pago a través da web do Concello mediante unha pasarela de pagos.
Para o 19,07% dos participantes (con 29 votos) é moi útil a domiciliación do recibo que agora se cargará nos últimos 15 días do prazo fixa
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1709
- 1710
- 1711
- 1712
- 1713
- 1714
- 1715
- 1716
- 1717
- …
- seguinte ›
- última »