O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, recibiu hoxe en Madrid, en nome do Concello de Lugo, o premio Escoba de Prata en recoñecemento á traxectoria que está a ter na cidade o servizo de recollida de lixo e o mantemento da limpeza das rúas que depende da Concellería que dirixe. González Dopeso destacou a importancia da colaboración dos veciños para a consecución deste galardón: “Este é un premio a moitos anos de traballo.
Axentes da Policía Local en colaboración co servizo de lacería da Sociedade Protectora de Animais recolleron un can abandonado nunha vivenda da rúa Tunel de Oural, 39 o pasado día 6 de xuño.
Un veciño alertou aos axentes que neste inmoble había un can atado na cociña, sin comida e en situación de abandono, xa que dende había uns días a inquilina faltaba do mesmo descoñecendo o seu paradoiro.
Os axentes investigan estes feitos e póñenos en coñecemento do Xulgado Contencioso Administrativo para pedir a autorización e poder entrar neste domicilio a rescatar o can.
O pasado 20 de abril comezou o período de cobro do Imposto de Vehículos de tracción mecánica (IVTM) e que rematará o vindeiro venres 20 de xuño.Este imposto, con periodicidade anual, afecta a todos os propietarios de vehículos dados de alta no Concello de Lugo.
Por outra banda, tamén o día 20 de xuño remata o prazo de pagamento do recibo de subministro de auga e recollida de lixo correspondente ao segundo trimestre do ano.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre, presenta a súa III Revista para nais e pais pertencente ao Programa de Prevención Familiar “Entre Lusco e Fusco”.
O éxito deste innovador programa foi contundente e pretende consolidarse nos vindeiros anos. Os exemplares editados foron 10.000, dos que se destinarán uns 6.500 ás familias con fillos en educación primaria, os 3.500 exemplares restantes serán repartidos á poboación lucense xeral.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o presidente do Club Fluvial de Lugo, Eduardo Núñez Torrón, o director técnico de natación do club, Jaime López e José Antonio Fernández, director técnico de piragüismo do Club Fluvial, presentaron hoxe o XVIII Trofeo de Natación Cidade de Lugo e os cursos de verán de piragüismo organizados polo Concello de Lugo e a entidade privada.
Na competición deportiva que se celebrará o vindeiro sábado, 14 de xuño, participarán 14 clubes de toda Galicia e Portugal, cun total de 390 nadadores.
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío , en colaboración co Club Rubiás Hípico Equus, organizou para este verán unha serie de cursos de iniciación á hípica.
O obxectivo é aumentar o abano de actividades deportivas nos meses de xullo e agosto e, ao mesmo tempo, contribuír a fomentar un deporte saudable e consolidar a súa práctica.
A escola ofertará cursos de iniciación, que se impartirán entre o 7 de xullo e o 28 de agosto, van destinados a rapaces de 5 a 7 anos e maiores de 8 anos con desexos de iniciarse na hípica.
A Concellería de Deportes do Concello de Lugo que dirixe José Manuel díaz Grandío, e o Club Ciclista Milagrosa, organizaron para o vindeiro sábado 14 de xuño, o IX Trofeo de Corpus de Ciclismo.
A proba comezará ás 16:00 horas para as categorías escola, cadete e junior. Os ciclistas destas categorías percorrerán un circuíto urbano que transcorrerá pola Avenida de Magoi dende República Arxentina ata rúa do Valiño.
Haberá tamén unha proba de Yinkana para a categoría máis pequena de Escolas (principiantes) que se celebrará na Praza Rúa Bispo Ona de Echave.
A Banda Municipal de Música que depende da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, dedicará mañá xoves, 12 de xuño, un concerto ao poeta galego Manuel Curros Enríquez en homenaxe ao centenario da súa morte.
A actuación, que terá unha duración dunha hora, dará comezo ás 20:00 horas e terá lugar no templete da Praza Maior.
A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, acompañada polas concelleiras de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron a exposición Influencia da Vestimenta Romana no Lucus Augusti, composta con traxes realizados polos internos matriculados no instituto do Centro Penitenciario de Bonxe.
Son 19 traxes orixinais que se distribuíron polo museo tendo en conta a súa estrutura orixinal:
1º.- Celtas
2º.- Un soldado militar, xa que o primeiro en chegar a Lucus Augusti foi un destacamento militar.
3º.- Un senador
4º.- Sacerdoti
Entorno a 150 pezas compoñen a exposición que a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, inaugurou esta mañá e que contén os traballos realizados polos participantes nos obradoiros de Animación Sociocultural do Centro Social de Díaz de Castro organizados pola súa Concellería.
Máis de 60 pinturas, cestos, macramé, bolillos, manteis…son unha mostra das actividades realizadas polos usuarios do centro dende o pasado mes de outubro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- 1701
- 1702
- 1703
- …
- seguinte ›
- última »