O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentou hoxe a contratación das obras de construción dos accesos ao novo hospital de Lugo que se aprobarán na Xunta de Goberno Local que se celebrará maña 18 de xuño. Este é un paso máis para cumprir co compromiso adquirido polo Concello de Lugo na urbanización e dotación de accesos á parcela do novo hospital.
O Concelleiro indicou que o Concello de Lugo leva investidos un total de 6.283.208,74 de euros nesta dotación que beneficiará a todos os veciños e veciñas da capital .
Os cinco centros sociais do Concello de Lugo ofertarán novamente este verán numerosas actividades e obradoiros para os que xa está aberto o período de inscrición ata o vindeiro mércores 25 de xuño.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, explicou que as actividades se orientan sobre todo aos pequenos para axudar a conciliar a vida familiar e laboral e os rapaces podan disfrutar nas aulas abertas que haberá, por primeira vez, en todos os centros sociais do Concello. Estas aulas estarán abertas de 9:00 ás 14:00 horas e de 16:00 ás 20:00 horas.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe a terceira edición de Imos Andando, unha actividade organizada conxuntamente por estas dúas Concellerías e dirixida principalmente aos maiores de 60 anos, que terá lugar o mércores 25 de xuño.
O programa consiste nunha caminata con saída da praza Maior e remate na zona verde ao lado da estación elevadora de auga, onde haberá distintas actividades de confraternidade durante toda a tarde.
Ayer sábado concluyó el IX Torneo de prebenjamines “Escuela Terra” que estuvo organizado por la Fundación Azkar, Prone Lugo AD y la Escuela de fútbol sala Terra y en el cual colaboraron el Excmo. Ayuntamiento de Lugo y el Colegio de Árbitros de Lugo y contó con el patrocinio de Transportes Azkar y Cocacola.
Con apenas trinta anos de idade, Inma López Silva, recibiu de mans do Alcalde de Lugo, José López Orozco, un dos premios máis prestixiosos da literatura galega: o Blanco-Amor, que nesta edición organizou o Concello de Lugo.
É un galardón literario dotado con 12.000 euros que premia unha novela inédita escrita en lingua galega. Está patrocinado por uns 75 concellos galegos, exercendo cada ano –por sorteo– un dos concellos en calidade de organizador.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou esta mañá xunto ao asesor técnico da Área de Deportes da Deputación Provincial, Eduardo Fernández Abel, e a presidenta do SDeC Polvorín, Carmen Télez, e o organizador do evento, Julián Castaño, o III Torneo de Polvorín de Fútbol Base.
Esta competición celebrarase os días 20, 21 e 22 de xuño no campo municipal do Polvorín. O Concelleiro indicou que “se trata dunha boa oportunidade para que os nenos da cidade gocen do fútbol e den boa mostra das capacidades do deporte de base lucense”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luísa Zarzuela, presentaron o autobús interactivo Lugo xa conecta que dende o 16 de xuño e ata o 31 de outubro percorrerá todo o concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía.
Ao longo de mes e medio un autobús interactivo equipado cos últimos medios tecnolóxicos, 11 equipos informáticos e conexión a internet, visitará de luns a sábado o municipio -barrios e parroquias- para contribuír á formación da cidadanía en todo o relacionado coa Administración electrónica.
Esta iniciativa
O Concello de Lugo celebrará o domingo día 13 de xullo a oitava edición do Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo, así o anunciou hoxe a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, que sinalou a consolidación que está a ter esta convocatoria, que o ano pasado tivo xa 60 participantes adultos e 5 na categoría xuvenil.
A Concelleira explicou que nesta ocasión o certame presenta novidades con respecto aos anos anteriores. En primeiro lugar delimítase o espazo que poden ocupar os pintores ao recinto amurallado e ao adarve da Muralla.
Garante unha maior axilidade e abaratamento dos trámites para os administrados
O 67% do Orzamento municipal está xa en proceso de execución o que reflicte que os servizos están a pleno rendemento
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou hoxe que o departamento que dirixe acordou na Comisión de Contas a posta en marcha dun Tribunal Económico Administrativo que terá como obxectivo a resolución das reclamacións económicas dos administrados.
Continúa aberto o prazo para asistir aos campamentos de verán organizados pola Concellería de Xuventude, a Concellería de Deportes en colaboración coa Fundación Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Fundación Azkar, Óscar Hermida, e NCD Eventos.
O obxectivo da campaña Vive o Verán en Lugo campaña é ofrecer un completo programa de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- 1701
- …
- seguinte ›
- última »