O Arde Lucus MMVIII dará comezo oficialmente mañá venres coa inauguración do macellum e do campamento ás cinco da tarde. Comezarán así os tres días de festa nos que se recreará o pasado romano da cidade de Lugo.
Máis de 250 actividades, actuacións e espectáculos conforman esta nova edición da festa Arde Lucus, que se celebrará desde o venres á tarde ata o domingo á noite e que está organizada pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre.
O campamento abrirá as súas portas tamén a tarde do venres, ás cinco e media, no carril dás Estantigas.
O V Goberno Infantil chegou ao final do seu mandato esta mañá cun acto de clausura que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Vicepresidenta da Deputación provincial, Lara Méndez, mantiveron as súas primeiras xuntanzas de traballo unhas horas despois de aterrar en Shanghai.
Os primeiros contactos foron con autoridades locais, moi interesadas en coñecer ao Alcalde da cidade que se irmandará coa Gran Muralla.
O Concello, en colaboración co Club Boxing Cidade de Lugo, organiza unha velada de boxeo que se celebrará mañá venres 20 de xuño englobado dentro do programa de Arde Lucus MMVIII.
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e José Luis Álvares, explicaron en roda de prensa que os amantes deste deporte poderán asistir ao espectáculo dos oito combates que comezarán a partir das 19:00 horas na praza de Santa María. A entrada é gratuíta. Un total de 16 boxeadores combaterán na modalidade amateur.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, fixo público o bando no que se establecen unha serie de normas de obrigado cumprimento para garantir a seguridade de todos os lucenses na noite de San Xoán que se celebrará a vindeira semana.
1ª.- Queda prohibido queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos.
2ª.- As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo.
Oito deportistas lucenses acadaron esta fin de semana un total de 13 medallas no Campionato Internacional de Wu Shu.
Nesta cita deportiva, que se celebrou en Ourense, participaron as seleccións de Polonia, Italia, Portugal e España.
Os representantes lucenses fixéronse con 6 medallas de ouro, 6 de prata e unha de bronce, todo un éxito para o deporte lucense, nas seguintes categoría:
Cascallana Bravo David: Norte arma larga: Medalla de prata
 
A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, abre o prazo de inscrición para os cursos de verán de tiro con arco dirixidos a rapaces de 8 a 15 anos e a maiores de 16 anos. O prazo permanecerá aberto desde hoxe ata o 26 de xuño. As solicitudes poderán formalizarse na Piscina Municipal de Frigsa.
As clases desenvolveranse ao longo dos meses de xullo e agosto no CEIP de As Gándaras e establécense dous niveis de formación, un de iniciación e outro de perfeccionamento.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, presentou hoxe os pregos para a contratación da xestión do servizo público de regulación para aparcadoiros na vía pública (ORA) do Concello de Lugo aprobada pola Xunta de Goberno Local.
O responsable da área explicou que este novo prego establece varias novidades de interese:
- A empresa deberá rexerse pola ordenanza vixente en cada momento.
O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e a Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, presentaron hoxe o Plan de Tráfico para as festas de Arde Lucus MMVIII, que “se plantexou coa idea de ser o máis práctico e efectivo posible”.
O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias os veciños e veciñas durante os días de festa polos cortes de tráfico, e potenciar o uso do transporte urbano.
Os próximos días 20, 21 e 22 de xuño actual, prevese efectuar os cortes de tráfico nos puntos que se relacionan, cuxas valos
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo unha xuntanza cos membros do Consello Económico e Social do Concello de Lugo para darlles a coñecer a axenda institucional que manterá na viaxe oficial a China que comezará este mércores 18 de xuño.
López Orozco explicoulles cal é a finalidade desta viaxe na que unha delegación con representantes do Concello, da Deputación provincial, da USC e da Cámara de Comercio realizará un encontro institucional e empresarial con numerosas autoridades e empresarios do país asiático.
China é na actualidade a cuarta potencia económica mundial,
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1692
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- 1698
- 1699
- 1700
- …
- seguinte ›
- última »