A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa organización do VIII Trofeo Excelentísimo Concello de Lugo de Tiro ao Prato na modalidade de Foso Olímpico que terá lugar esta fin de semana no Club de Campo e Tiro de Lugo-Bonxe en Outeiro de Rei.
O domingo 6 de xullo a partir das 10:00 horas os deportistas loitarán polo trofeo nos dous fososo olímpicos do clube. A competición desenvolverase en catro series de 25 pratos cada unha cun total de 100 pratos por tirador.
A organización agarda a presencia de tiradores de toda a Comunidade Galega, As
A presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino Santiago, dixo hoxe en Lugo que esta cidade, xunto con Ourense, "están chamadas un papel histórico na superación da Galicia das dúas velocidades".
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a programación de actividades de verán da Aula do Castiñeiro coa que se trata de continuar co esforzo do Concello para promover o acceso dos cidadáns ás tecnoloxías da información e da comunicación a través da participación.
Nesta campaña de verán os ususarios porderán achegarse ao mundo das novas tecnoloxías a través dos diferentes obradoiros organizados:
- Blogsfera: O seu obxectivo é que os participantes adquiran os coñecementos básicos sobre o mundo dos blogs, por iso participarán e c
Mañá, martes 1 de xullo, dará comezo en Lugo de xeito oficial, a tempada de rebaixas de verán. As rebaixas teñen a consideración de actividades de promoción de vendas e por tanto están reguladas por lei, concretamente na 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordeación do Comercio Minorista.
Esta mesma normativa establece só dúas tempadas de rebaixas anuais, no mes de xaneiro e na etapa estival.
Na viaxe, ademais dos irmandamentos, establecéronse contactos para facilitar a internacionalización das empresas lucenses
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, o Vicerreitor de Coordenación da USC en Lugo, Carlos Herrero, e a Vicepresidenta da Cámara de Comercio, Carmen Castelao, fixeron balance do que foi a viaxe a China que tivo lugar a semana pasada.
López Orozco destacou a importancia de coñecer un país que en menos de 8 anos se converterá na primeira potencia económica do mundo "un país con moitas posibilidad
II Open Internacional de Billar Pool, Cidade de Lugo
IX Campeonatos de España de Billar 2008
Ás 12:00 horas tivo lugar a Inauguración Oficial dos IX Campeonatos de España de Billar Pool e do II Open Internacional Cidade de Lugo. Foi un desfile similar ao de unhas olimpiadas no que representantes de todos os países e comunidades autónomas españolas desfilaron coas suas bandeiras, amenizados pola Banda de Gaitas Atalaya do Concello de Navia de Suarna.
Á inauguración asistiron Carmen Basadre, Concellei
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a 15 veciños da aldea ourensá de Mones que están a realizar unha marcha a pé dende A Coruña ata a súa vila.
Forman parte da Asociación Cultural Amigos de Mones que trata de reactivar a vida social, cultural e económica deste pobo que se está a quedar sen veciños, na actualidade só hai 20.
A Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío, colabora coa II Ruta Ecuestre Labio-Vilachá que terá lugar o vindeiro sábado 5 de xuño, organizada pola Asociación de Cabaleiros da Feira de Aday. Os participantes percorrerán unha distancia de 10 quilómetros transcorrendo os montes e sendeiros da zona. A ruta finalizará cunha comida campestre no recinto no que haberá un servizo de pulpería e bar ao longo de todo o día. Pola tarde comezarán as probas de andadura: - Andadura dous tempos (Serrada) - Andadura catro tempos (Chapeada) - Andadura trotóns.
A sesión ordinaria do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, celebrada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo hoxe venres 27 de xuño de 2008, contou coa asistencia de: Ana María Rúa Souto, Directora Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Innovación e Industria, que presidiu o Padroado; Ramón Cortés, Delegado Provincial en Lugo da Consellería de Innovación e Industria; Luís Abelleira, presidente de APREVAR; Xosé Clemente López Orozco, Alcalde de Lugo; Xosé Anxo Lage Suárez, concelleiro de Lugo; Xosé Manuel Barreiro
O Concello de Lugo recibiu hoxe os resultados da análise da auga da fonte Agro do Castiñeiro. A toma da mostra realizouse ás 17:00 horas do día 20 de xuño, data na que se detectou o brote de sigelosis e na que dende o Concello se deu aviso do mesmo a través do portal web municipal e da prensa.
Os catro litros de auga que foron analizados deron como resultado ausencia tanto en Shigella como en Salmonella.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1689
- 1690
- 1691
- 1692
- 1693
- 1694
- 1695
- 1696
- 1697
- …
- seguinte ›
- última »