A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo hoxe un balance das solicitudes recibidas no servizo de información municipal 010. Este servizo de atención ao cidadán recibiu no primeiro semestre do ano 24.108 chamadas, 2.276 correos electrónicos e 186 faxes. Segundo a Concelleira “as previsións son chegar a máis de 100.000 cahamadas ao finalizar o ano contabilizando todas as recibidas dende que foi creado en marzo do 2005”.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas e o Presidente da Asociación de Hostalería, Francisco Real, participaron nunha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio para presentar as novidades relacionadas co sector e recollidas no Plan Urban do Concello de Lugo.
Esta fin de semana rematou o espectáculo Lugo de alma romana coas últimas visitas teatralizadas organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, celebrará o seu tradicional encontro dixital cos internautas este mércores, 24 de setembro, ás 18:30 horas.
López Orozco retoma esta cita coa cidadanía despois da tempada de verán e atenderá as consultas dos internautas desde o despacho de Alcaldía.
Os interesados en participar poden empezar a mandar as súas preguntas a través da páxina web municipal.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha serie de novas iniciativas do Servizo Municipal de Drogodependencias que depende da súa Concellería.
Por unha banda, a Concelleira presentou as axendas preventivas para pais e nais do curso 2008-2009 incluída dentro do programa de prevención familiar “Entre Lusco e Fusco” que serán entregado a todos os pais con fillos escolarizados entre 3º e 6º de Primaria nos 24 centros escolares de Lugo dende hoxe ata o venres 26 de setembro.
O día 16 de xuño de 2007, por terceira vez, tomei posesión do cargo de Alcalde da cidade de Lugo, cun Goberno Municipal con maioría minoritaria. Non foi posible un acordo co BNG para facer un Goberno de coalición e iniciei a andadura do mandato cun goberno en minoría, porque así o quixeron os lucenses e porque, como xa dixen, non foi posible o acordo.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo retoma, despois dos meses de verán, o proxecto Creative. Trátase dun programa de prevención de drogas e minimización de riscos. A súa poboación obxectiva é a mocidade comprendida entre os 14 e os 24 anos.
O Salón de Plenos acolleu esta tarde a presentación do número XI da Revista Lucense de Creación Poética Xistral, que estivo a cargo da Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Camilo Gómez Torres, coordinador da publicación.
Este novo número conxuga novamente traballos de autores noveles e tamén doutros consolidados no panorama literario galego como Xosé Lois García, Manuel C. Matalobos, Luz Pozo Garza ou Claudio Rodríguez Fer, entre outros.
O programa da Semana Europea da Mobilidade organizado polo Concello de Lugo continúa esta fin de semana cun bo número de actividades.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1667
- 1668
- 1669
- 1670
- 1671
- 1672
- 1673
- 1674
- 1675
- …
- seguinte ›
- última »