A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 24 de setembro, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo selectivo para cobertura interina de prazas de Técnicos ou técnicas de Xardín de Infancia no Concello de Lugo.
As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es.
Un novo curso a Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, e o Parque Infantil de Tráfico inician o próximo luns, día 13 de outubro, o ciclo de clases teóricas de Educación Vial que se impartirán nos 25 centros educativos do Concello de Lugo. Os primeiros centros que se inician con esta materia serán o Colexio de Albeiros e A Ponte.
Ata o Nadal as clases de Educación Vial terán lugar nos propios centros educativos e centraranse exclusivamente na teoría.
A Aula Multimedia do Castiñeiro acollerá ata o vindeiro 14 de outubro, tres xornadas nas que se proxectarán os traballos presentados á última edicion de Curtas na Rede, dentro da Semana Curtas. Esta actividade na que participa a Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela e que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Comunicación terá lugar os días 9, 10 e 14 de outubro a partir das 18:00 horas.
Nestas tres xornadas o público que asista ao telecentro do Concello de Lugo poderá disfrutar coa proxección dun total de 53 curtas.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu á inauguración da exposición do pintor santiagués Manuel Vázquez Alemán, no Centro Social Uxío Novoneyra.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este sábado a XII edición da feira Artesanfroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiron no Salón de Plenos do Concello a 16 profesores chegados de Finlandia, Grecia, Estonia, España e Bélgica
Estarán do 1 ao 6 de outubro na vila de Burela, nunha visita preparatoria que organiza o CEIP Vista Alegre e que ten como obxectivo principal poñer en marcha un novo Proxecto Europeo que implique a toda a comunidade educativa nun traballo común con escolas europeas.
Aceptar a responsabilidade, que é á vez unha gran honra ,de pronunciar o pregón das Festas de San Froilan 2008, prodúceme, non o nego, certo desacougo.
O 7 de outubro dous estilos diferentes toman as prazas de Lugo. Diego El Cigala coa súa paixón flamenca e The Cabriolets coa súa música urbana enchen os principais escenarios deste San Froilán 2008.
Diego El Cigala, comezou cantando polos bares do Rastro cando aos 12 anos ganou un concurso de televisión e o primeiro premio do certame Flamenco Joven de Getafe.
No ecuador das festas de San Froilán continúa o desenvolvemento do programa cun bo número de actividades. A programación de mañá día 8 de outubre comezará coa apertura ás 12:00 horas da porta Bispo Odoario a cargo de Efrén Álvarez López representante do Fútbol Sala lucense. Dende este lugar sairá o grupo de música tradicional Cantar das Eiras ata a praza Maior.
A nova Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, tomará posesión do seu posto na sesión Ordinaria do Excelentísimo Concello en Pleno que se celebrará a partir das 17:00 horas desta tarde na Casa do Concello.
Rielo, que xa estivo ao cargo desta área entre 2003 e 2007, volve a ocupar un posto na Corporación pola marcha do ex-Concelleiro de Urbanismo Francisco Fernández Liñares á presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1661
- 1662
- 1663
- 1664
- 1665
- 1666
- 1667
- 1668
- 1669
- …
- seguinte ›
- última »