O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asistiu á inauguración da exposición do pintor santiagués Manuel Vázquez Alemán, no Centro Social Uxío Novoneyra.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este sábado a XII edición da feira Artesanfroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiron no Salón de Plenos do Concello a 16 profesores chegados de Finlandia, Grecia, Estonia, España e Bélgica
Estarán do 1 ao 6 de outubro na vila de Burela, nunha visita preparatoria que organiza o CEIP Vista Alegre e que ten como obxectivo principal poñer en marcha un novo Proxecto Europeo que implique a toda a comunidade educativa nun traballo común con escolas europeas.
Aceptar a responsabilidade, que é á vez unha gran honra ,de pronunciar o pregón das Festas de San Froilan 2008, prodúceme, non o nego, certo desacougo.
O 7 de outubro dous estilos diferentes toman as prazas de Lugo. Diego El Cigala coa súa paixón flamenca e The Cabriolets coa súa música urbana enchen os principais escenarios deste San Froilán 2008.
Diego El Cigala, comezou cantando polos bares do Rastro cando aos 12 anos ganou un concurso de televisión e o primeiro premio do certame Flamenco Joven de Getafe.
No ecuador das festas de San Froilán continúa o desenvolvemento do programa cun bo número de actividades. A programación de mañá día 8 de outubre comezará coa apertura ás 12:00 horas da porta Bispo Odoario a cargo de Efrén Álvarez López representante do Fútbol Sala lucense. Dende este lugar sairá o grupo de música tradicional Cantar das Eiras ata a praza Maior.
A nova Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, tomará posesión do seu posto na sesión Ordinaria do Excelentísimo Concello en Pleno que se celebrará a partir das 17:00 horas desta tarde na Casa do Concello.
Rielo, que xa estivo ao cargo desta área entre 2003 e 2007, volve a ocupar un posto na Corporación pola marcha do ex-Concelleiro de Urbanismo Francisco Fernández Liñares á presidencia da Confederación Hidrográfica do Miño.
Con motivo da celebración das festas de San Froilán 2008, entre o 7 e o 10 de outubro (ambos inclusive), o horario de apertura das dependencias municipais será de 9:00 a 14:00 horas.
O Concello de Lugo repartirá mañá sábado 4 de outubro a través da prensa escrita tarxetones para informar á cidadanía sobre as liñas e servizos especiais de autobús durante as festas de San Froilán 2008.
Con motivo do 45 aniversario do primeiro servizo especial do transporte para as festas patronais, o transporte urbano ao longo do día 5, o día grande das festas, será totalmente gratuíto.
A praza de abastos do Concello de Lugo, que depende da Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, abrirá o vindeiro domingo 5 de outubro.
Os comerciantes poderán poñer a disposición do público os seus produtos entre as 9:00 e as 14:00 horas do día de San Froilán. A apertura enmárcase dentro da campaña de dinamización da praza que se leva a cabo dende o Concello. Nesta xornada festiva os que se acheguen ata a praza poderán mercar produtos de primeira calidade nos diferentes establecementos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1658
- 1659
- 1660
- 1661
- 1662
- 1663
- 1664
- 1665
- 1666
- …
- seguinte ›
- última »