O Convenio Lugo Cultural, formado pola USC, Concello de Lugo, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia, celebrarán entre o 19 e o 26 de outubro a tradicional Semana de Benvida, coordinada pola Vicerreitoría de Cultura da USC, coa que se pretende ofrecer unha serie de actividades culturais e lúdicas que sirvan como lugar de reunión e contacto entre os estudantes.
O penúltimo día de festas presenta un programa de actividades completo e dirixido a todas as idades. Nenos e maiores atoparán alternativas para estar todo o día polas rúas de Lugo.
O día de Ferrol comeza ás 11:00 coa apertura da carpa de xogo do San Froilanciño e ás 12:00 os nenos poderán disfrutar con Diego Stirman e a obra Entremets dentro do Festival Internacional de Monicreques.
Os actos continúan ás 12:00 horas coa apertura da Porta Falsa da man do triatleta Javier Gómez Noya.
Con motivo da celebración do concerto que o grupo madrileño El Canto del Loco que ofrecerá na cidade mañá sábado 11 de outubro a partir das 21:00 horas, o Concello de Lugo pon á disposición da cidadanía un servizo especial de bus urbano.
O I Salón de Maquinaria Agrícola Clásica abriu hoxe as súas portas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo coa vontade de achegar ao visitante un pasado non tan lonxano relacionado co eido agrícola e rural.
O Concello de Lugo publica no seu portal web, www.lugo.es, a nova solicitude de Licenza para a tenza de animais considerados como potencialmente perigosos así como o impreso de renovación de dita licenza. Estos documentos poderán atoparse no apartado de Trámites da Carpeta cidadá na Zona de Servizos.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentaron hoxe o programa Aula Emprendedora posto en marcha polas súas Concellerías en colaboración coa Consellería de Traballo.
A través desta proposta os nenos e nenas de secundaria adquirirán e desenvolverán, no Centro de Empresas e Innovación, coñecementos e capacidades emprendedoras ao mesmo tempo que estimulan a súa curiosidade pola actividade empresarial.
Como ven sendo habitual o Concello de Lugo grazas á colaboración da Fundación ONCE edita un ano máis o programa de festas do San Froilán en braille. É a única cidade de Galicia que leva a cabo este traballo na programación das súas festas patronais. Lugo destaca por ser unha cidade accesible que traballa para lograr facer unha cidade de todos e para todos.
As actividades festivas do 10 de outubro comezan ás 12:00 horas coa apertura da porta de San Fernando a cargo Mª Dolores Bouza Betriu, representante do Voleivol lucense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1656
- 1657
- 1658
- 1659
- 1660
- 1661
- 1662
- 1663
- 1664
- …
- seguinte ›
- última »