Un grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Politécnico participarán mañá nun seminario para a Difusión da Creación de Empresas que terá lugar no Centro de Empresas e Innovacións do Concello de Lugo a partir das 10:00 horas.
O equipo de traballo do Concello de Lugo encargado do Proxecto Senior Tics mantivo unha xuntanza de traballo cos socios do proxecto europeo, que lidera o Concello lucense, e no que participan a Cámara Municipal de Braga (Portugal), un centro de formación para adultos de Francia e unha empresa de novas tecnoloxías de Grecia.
Lugo é o socio que conta co maior número de participantes con 60 usuarios, frente aos 45 de Braga, deste innovador proxecto que pretende achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, especialmente ás persoas maiores de 65 anos de idade.
O vindeiro 16 de outubro celebrarase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), baixo o lema: Seguridade Alimentaria, Cambio Climático e Bioenerxía.
O obxectivo deste día é o de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidaridade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. A situación que sufren 923 millóns de persoas, dos que 300 son nenos, fai que cada 4 segundos unha persoa morra de fame no mundo.
La Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural de la Federación de Municipios y Provincias (FEMP), presidida por el Alcalde de Lugo, José López Orozco, ha puesto hoy al Consorcio de la Ciudad Monumental de Mérida como un modelo a seguir en la gestión del patrimonio y ha abogado por exportarlo a otras ciudades.
"Es el modelo que tenemos que conseguir porque es el que posibilita pensar en el futuro".
O Alcalde de Lugo, José López Orozco reicibiu no Concello, como xa e tradicional, à corporación do Concello de Ferrol coincidindo coa celebración do día dedicado a esta vila dentro do San Froilán.
Visitaron a cidade numerosos integrantes do goberno municipal, entre os que se atopaba o Alcalde, Vicente Irisarri Castro e a 1ª tenente de Alcalde, Yolanda Díaz Pérez.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, fixeron hoxe balance das festas de San Froilán 2008. O Alcalde indicou que “se cumpliron con creces os obxectivos marcados xa que cada ano reunen na cidade a un maior número de persoas”.
López Orozco destacou “a repercusión que estas festas teñen no comercio e na hostelería da cidade, polo que para min son unha inversión non un gasto”.
Hoxe, día 13 de outubro, con motivo da celebración do Día Europeo da Seguridade Viaria, o Concello de Lugo, esta a levar a cabo unha impresionante campaña de impacto visual para que todos, tanto peóns como condutores sexan conscientes da importancia que ten respectar as normas de seguridade, non só en vías interurbanas senón tamén nas urbanas para seguir coa liña descendente nos datos de accidentes e mortes nas nosas estradas.
Para levar a cabo esta campaña o Concello colocou no tramo peonil da Ronda da Muralla un vehículo siniestrado xunto un cartel co lema: “Conductor non te arris
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1655
- 1656
- 1657
- 1658
- 1659
- 1660
- 1661
- 1662
- 1663
- …
- seguinte ›
- última »