A Concellería de Deportes, que dirixe Jose Manuel Díaz Grandío, colabora na organización do II Trofeo Cidade de Lugo As Termas de Bowling, xunto con Milesios Bowling Club, que terá lugar na cidade dende hoxe xoves 16 de outubro ao domingo día 19.
Con esta iniciativa ponse de manifesto o apoio que o Concello de Lugo realiza ós deportes minoritarios e que deben gozar do mesmo respaldo que as demáis prácticas deportivas.
A competición será un torneo individual en categorías de homes e mulleres e menores de 18 anos.
A actividade Nonétrivial que estaba previsto que tivera lugar hoxe xoves 16 de outubro, aplázase por mor do mal tempo. Esta actividade organizada polo Concello de Lugo aprazarase á finais da semana que ven, próximamente publicarase a data na que se e desenvolverá nas rúas próximas á Praza Maior.
A vindeira fin de semana, o sábado 18 e domingo 19, Lugo será o centro do atletismo nacional ao ser a sede do VII Campionato de España de Atletismo Cadete que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e o Delegado da Federación en Lugo, José Luis Fernández Perejón.
O Concelleiro de Deportes suliñou que os lucenses poderán disfrutar cos mellores atletas de España nesta categoría.
O pasado 23 de setembro celebrábase o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, e no número 30 da revista Foeminas analízase en profundidade todos os problemas que se desenvolven entorno a esta lacra social.
Para iso, na Portada neste novo número expoñese a análise dos editores sobre o problema nu artigo titulado Facer diñeiro co que sexa… Neste mesmo apartado ofrécese a segunda parte da reportaxe realizada sobre o colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xén
O Concello de Lugo continúa co seu compromiso de achegar e poñer ao servizo de toda a cidadanía o CEI-Nodus, e nesta ocasión foi un grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Politécnico os que visitaron as instalacións do centro e participaron nun seminario para a Difusión da Creación de Empresas.
Esta actividade englóbase dentro do proxecto Aula Emprendedora posto en marcha polas Concellerías de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, e a de Educación, dirixida por Dolores Vieiro e que persigue que os mozos e mozas adquiran no Centro de Empresas e Innova
Será unha paga única de 200 euros, que suporá un incremento do 4,3% para estas pensións
Un grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Politécnico participarán mañá nun seminario para a Difusión da Creación de Empresas que terá lugar no Centro de Empresas e Innovacións do Concello de Lugo a partir das 10:00 horas.
O equipo de traballo do Concello de Lugo encargado do Proxecto Senior Tics mantivo unha xuntanza de traballo cos socios do proxecto europeo, que lidera o Concello lucense, e no que participan a Cámara Municipal de Braga (Portugal), un centro de formación para adultos de Francia e unha empresa de novas tecnoloxías de Grecia.
Lugo é o socio que conta co maior número de participantes con 60 usuarios, frente aos 45 de Braga, deste innovador proxecto que pretende achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía, especialmente ás persoas maiores de 65 anos de idade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1654
- 1655
- 1656
- 1657
- 1658
- 1659
- 1660
- 1661
- 1662
- …
- seguinte ›
- última »