A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores do concurso de deseño gráfico para a selección do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar a finais do mes de novembro.
Isabel Carril Quiroga resultou gañadora deste concurso coa súa obra Concienciación. Somos Iguais. O cartel foi relizado sobre a prevención da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 30 traballos que entraron a concurso.
A Concelleira de Economía apelou á responsabilidade dos grupos da oposición para non deixar á cidade sen novos orzamentos “que estean á altura das circunstancias”
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou ao Pleno do Concello a proposta do equipo de goberno para os orzamentos do ano 2009. O Goberno local consegue incrementar nun 4% o orzamento consolidado, chegando á cifra de 105.062.451 euros, incluído EVISLUSA.
Mañá mércores, 5 de novembro, comeza o II Congreso de Arquivos Municipais Españois organizado polo Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura.
O vindeiro domingo, 9 de novembro, o Colexio Rosalía de Castro de Lugo acollerá unha exposición sobre micoloxía organizada polo Concello de Lugo e a Asociación Micolóxica Lucus que foi presentada hoxe pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo e o presidente da Asociación Julián Alonso.
A Concelleira explicou que se trata dun evento que ten xa unha longa tradición entre o Concello e a asociación e que se celebra todos os outonos.
Trátase da sétima edición dunha mostra que amosará preto de 200 especias distintas de cogumelos recollidas polos membros da asociación
Do 10 ao 15 de novembro terá lugar a XVIII edición do Festival de Jazz de Lugo, que se ven celebrando cada mes de novembro, ininterrompidamente, desde o
ano 1991.
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz “Escobijazz” e patrocinado polo Concello de Lugo, polo Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Consellería de Cultura, a Deputación Provincial e a Universidade de Santiago de Compostela.
Os 15 concertos dos que consta o festival desenvolveranse en diferentes escenarios: no Círculo das Artes, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia e n
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Sonia Méndez, anunciou que plantexará ao Pleno do vindeiro luns, unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos anuais do Concello.
López Orozco considera que “é o momento de debater realmente cales son os intereses da cidade neste momento”.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores do concurso de deseño gráfico para a selección do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar a finais do mes de novembro.
Isabel Carril Quiroga resultou gañadora deste concurso coa súa obra Concienciación. Somos Iguais. O cartel foi relizado sobre a prevención da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 30 traballos que entraron a concurso.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, expresou hoxe en rolda de prensa os desexos do equipo de Goberno para “poder manter e incluso aumentar os servizos que podemos ofertar en materia de servizos sociais, por iso presentamos uns orzamentos que pensan nas persoas e na cidade”. A proposta que fai agora o equipo de Goberno incrementa un 40% o gasto social e o fomento do emprego.
O ciclo ‘Músicas a Carón da Mosqueira’ iniciará a vindeira semana a súa programación de concertos para o presente curso académico 2008-2009. Esta iniciativa está enmarcada no Convenio Lugo Cultural que conforman o Concello de Lugo, a USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia.
O ciclo é unha proposta coa que se pretende achegar ao público en xeral a música clásica, tanto en forma de propostas convencionais como a través doutras máis innovadoras.
Con motivo da celebración da festividade do día de Todos os Santos, o Concello de Lugo organizou unha serie de actos e medidas especiais de funcionamento no cemiterio municipal.
Xa dende o pasado luns, 27 de outubro, o recinto do cemiterio permanece aberto, en horario continuado, de 10 a 19 horas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1652
- 1653
- 1654
- 1655
- 1656
- 1657
- 1658
- 1659
- 1660
- …
- seguinte ›
- última »