O cambio climático converteuse a día de hoxe nunha das grandes preocupacións da sociedade, e unha das principais causas do efecto invernadoiro é a emisión de gases contaminates que emiten á atmósfera os automóbiles.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o director de comarca Lugo de Caixanova Jesús Fernández Vidal, e o director territorial A Coruña-Lugo, Gabriel González Eiroa, anunciaron hoxe que con motivo do VIII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade actuará na cidade o cantautor valenciano Paco Ibáñez.
Os Medios de Comunicación nunha sociedade globalizada, este é o título do I Curso de Outono que inaugura o vindeiro 13 de novembro o Alcalde de Lugo, e que organiza o recén posto en marcha Centro Asociado da UNED en Lugo coa colaboración de importantes xornalistas de medios de comunicación nacionais.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe o calendario elaborado pola Oficina Municipal de Consumo para o ano 2009. A publicación pretende dar a coñecer á cidadanía os seus dereitos e deberes no ámbito do consumo e proporcionar bos consellos de consumo responsable que se deben de ter en conta á hora de facer as compras.
A compañía de Teatro Nu representará esta semana a obra A Lúa de Xoán dentro da XVIII Mostra de Teatro Infantil que organiza a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.
Mañá mércores, 12 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha representación dirixida ao público familiar. O prezo será de 1 euro para os nenos e nenas e de 2 euros para os adultos.
A obra, dirixida a nenos e nenas de educación infantil, fala das emocións dun neno que debe salvar a vida do seu pai que enfermou. Xoán é un rapaz que vive nunha illa co seu pai que é pescador.
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, presentou o V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola súa Concellería. Nesta edición a cita teatral terá como protagonistas a grandes autores como Darío Fo, Valle-Inclán e Bertolt Brecht. Neste festival representaranse tres obras de gran calidade a prezos populares entre os días 17 e 22 de novembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O festival arrincará o día 17 ás 20:30 horas coa representación de Muerte Accidental de un Anarquista de Darío Fo a cargo de la compañía Suripanta Teatro.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiu na Casa do Concello ao piloto lucense Isaac Núñez, recente campión galego de velocidade extreme.
O Alcalde manifestou a satisfacción que supón para o conxunto da cidade contar cun campión a nivel Galego nesta categoría deportiva.
Isaac Núñez leva soamente catro anos competindo o ano pasado quedouse ás portas do título acadado este ano en Braga.
O vindeiro 23 de novembro Lugo acollerá a competición First Lego League Galicia organizada polo Concello de Lugo e que foi presentada hoxe pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, Agustín Merino, o Decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, Jorge Rivera, e o Director do CEFORE, Manuel Regueiro.
A Concelleira explicou que se trata dun programa internacional para mozas e mozos de 10 a 16 anos que combina un práctico programa interactivo de robótica cun ambiente deportivo.
O Excelentísimo Pleno en sesión extraordinaria outorgou a confianza ao equipo de goberno do Concello de Lugo que dirixe José López Orozco, aprobando así os orzamentos anuais municipais para o ano 2009.
A Concelleira de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentou o II Plan de Igualdade do Concello de Lugo “un compromiso de todo o equipo de goberno e do Alcalde en particular, por introducir prácticas de igualdade no exercicio da responsabilidade política”.
Trátase dun Plan que recolle 9 áreas de traballo con obxectivos específicos a conseguir, e que se divide en 3 liñas: transversalidade, accesibilidade á información e aos recursos públicos e privados e participación e aproveitamento.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- 1655
- 1656
- 1657
- …
- seguinte ›
- última »