A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe as VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar en Lugo do 24 ao 26 de novembro.
O día 23 de novembro dará comezo nas pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera a novena edición do Circuíto de Carreiras Populares Larsa Corre con Nós, que foi presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío.
O respondable municipal estivo acompañado por Francisco Lambea, xerente do Centro Comercial As Termas, Raúl Centelles representante de Begano Coca- Cola e Gonzalo Pereira, Coordinador de Actividades Deportivas do Concello de Lugo.
Como suliñou o Concelleiro, “este circuíto é un fenómeno social cunha participación enorme”, e engadiu que “se está a co
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, inaugurou hoxe a xornada sobre Cooperativas : Outro Xeito de emprender, que tivo lugar esta mañá no centro de Empresas e Innovacións e na que participaron unhas cen persoas.
A xornada, programada en formato de mesa redonda, participaron os representantes de cinco cooperativas galegas que contaron a súa experiencia empresarial.
Esta comisión repasará os investimentos e os cambios que na xestión da sanidade pública se están a producir
A cidade contará cun novo centro de saúde Sagrado Corazón e ampliaranse os centros de San Roque e da Praza de Ferrol
O Servizo Galego de Saúde investirá no novo Hospital Xeral de Lugo máis de 225 millóns de euros
As obras do novo hospital están executadas ao 85 por cento
A conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, e o alcalde de Lugo, José Cle
A Deputación de Lugo acolleu hoxe a presentación da Primeira Fase do Circuíto SUB-20 do Campionato de España organizado pola Federación Española de Baloncesto e a ACB. Nesta presentación participaron o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o director deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira, o Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza, Tino López, a delegada da Federación Galega de Baloncesto, Armando Álvarez, vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto.
O Concello de Lugo prepara xa a III edición da Ludusparty.net, unha cita ineludible na nosa cidade para os amantes da tecnoloxía e a innovación. Lugo acollerá do 5 ao 8 de decembro esta iniciativa, enmarcada dentro do ambicioso programa Lugo Dixital e que foi presentada pola Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela.
A Concelleira indicou na súa presentación que nesta edición contarase con 650 prazas, a 20 euros cada unha, para participar na cita recoñecida xa como o maior envento de entretenemento electrónico en rede do norte de España.
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, fixo hoxe entrega dos premios aos gañadores do concurso de deseño gráfico para a selección do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero que terán lugar a finais do mes de novembro.
Isabel Carril Quiroga resultou gañadora deste concurso coa súa obra Concienciación. Somos Iguais. O cartel foi relizado sobre a prevención da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 30 traballos que entraron a concurso.
A Concelleira de Economía apelou á responsabilidade dos grupos da oposición para non deixar á cidade sen novos orzamentos “que estean á altura das circunstancias”
A Concelleira de Economía, Sonia Méndez, explicou ao Pleno do Concello a proposta do equipo de goberno para os orzamentos do ano 2009. O Goberno local consegue incrementar nun 4% o orzamento consolidado, chegando á cifra de 105.062.451 euros, incluído EVISLUSA.
Mañá mércores, 5 de novembro, comeza o II Congreso de Arquivos Municipais Españois organizado polo Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1648
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- 1654
- 1655
- 1656
- …
- seguinte ›
- última »