O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitaron hoxe a nova Casa do Deporte coa que xa conta o Concello de Lugo, acompañados doutros membros da Corporación Municipal.
Dentro das actividades organizadas polo Concello con motivo do Día Contra a Violencia de Xénero o 27 de novembro, a artista Diana Navarro ofrecerá un concerto ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
O V Festival de Teatro Clásicos do Século XX organizado pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, continúa hoxe, xoves 20 de novembro, coa obra Ligazón de Valle-Inclán.
A compañía Tribueñe, representará esta creación do dramaturgo máis representativo do teatro español do século XX. O autor conta como unha moza dunha aldea galega rebélase contra o desexo da súa nai de vender o seu corpo a un home adiñerado. O retablo da avaricia, a luxuria, e a morte, denuncian a necesidade de romper un modelo baseado na complicidade e na falta de aventura.
O pasado 7 de novembro reuniuse a Comisión Avaliadora dos Programas de Cooperación ao Desenvolvemento do Concello de Lugo presidida pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, para elexir os proxectos de cooperación e de sensibilización presentados pola diferentes ONG´s e que contarán cun finanzamento municipal.
Os integrantes desta Comisión Avaliadora decidiron aportar un total de 59.347,61 euros a 7 proxectos de cooperación e 16.740 euros a tres proxectos de sensibilización presentados polas ONGs.
Así o Concello de Lugo colaborará económicamente para leva
A Xunta de Portavoces do Concello de Lugo decidiu, por acordo unánime, levar ao próximo Pleno a proposta da concesión a un dos grandes pintores do noso tempo Xesús Blas Lourés o título de fillo predilecto da Cidade.
Nado en Lugo o 28 de novembro de 1926, cidade na que residiu o longo da sua vida, iniciouse dende moi xoven no mundo do arte da man do maestro Rafael Estrada, que era técnico en vidrieiras artísticas.
O vindeiro martes, 25 de novembro, comezará en Lugo o Congreso Internacional de Literatura Hispánica e Prensa Periódica (1875-1931) organizado pola Facultade de Humanidades e que foi presentado hoxe pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Vicerreitor Adxunto de Investigación e Proxección Exterior do Campus de Lugo, Agustín Merino, o deputado provincial Antonio Gato e o representante do comité organizador Javier Serrano.
Segundo explicaron os organizadores do congreso, a investigación histórica e literaria dos últimos anos demostrou que o desenvolvemento prof
O Concello de Lugo ampliou as datas de celebración dos cursos de conducción eficiente cos que os lucenses poderán aprender a adoptar medidas para reducir as emisións de CO2 na conducción, así como promover un aforro do combustible debido á alta demanda por parte dos cidadáns.
Nun principio os cursos terían lugar polas tardes en dúas tandas de 16:00 a 18:30 horas e de 18:30 a 21:00 horas entre o 24 de novembro e o 2 de decembro, pero agora apliáronse ata o 5 de decembro incluído.
O vindeiro domingo, 23 de novembro, celébrase o Trofeo Cidade de Lugo de Radiocontrol organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e o Club Trasnos RC.
Esta proba reunirá na cidade a uns 50 participantes nas catro categorías nas que se divide a cita deportiva:
- Rally- Game, que será puntuable para o campionato galego.
- 1/10 Touring Eléctrico
- 1/10 Touring Gas
- 1/ 8 Pista Gas.
A cita terá lugar entre ás 10:00 horas e as 16:00 horas no circuíto de Frigsa que congregará a un bo número de afeccionados e curiosos, sobretodo par
Mañá 20 de novembro remata o prazo de pagamento voluntario do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e de vados, que se atopaba aberto dende o 20 de setembro, tal e como recolle o calendario do contribuínte.
A partir de mañá comezará a recadación executiva que implica un recargo do 5%.
Este ano o imposto do IBI permitirá a recadación de 14.944.454 euros en urbana o que supón un incremento do 5,17% con respecto ao ano 2007.
En canto ó número de recibos, é de 79.850 o que representa un 2,57% máis que na anualidade anterior.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello ao alcalde da cidade peruana de Surquillo, Gustavo Sierra, e ao alcalde de Lince, Martín Príncipe, nun acto que tivo lugar esta tarde no despacho de Alcaldía.
Os mandatarios peruanos entregaron ao Alcalde de Lugo un pin coa bandeira de Perú, mentras que López Orozco fixo o mesmo cun libro de poetas de Lugo e un pin da Muralla.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1645
- 1646
- 1647
- 1648
- 1649
- 1650
- 1651
- 1652
- 1653
- …
- seguinte ›
- última »