A Delegada de Urbanismo, María Novo, anunciou hoxe o cambio de data do Pleno que estaba previsto para o vindeiro martes 23 de decembro.
María Novo explicou que este cambio se debe a que, unha vez que o equipo técnico do Concello comezou o traballo de analise das contestacións que as redactoras do plan fixeron ás alegacións, detectaron que algunhas non teñen xustificada dabondo a resposta. “Estivemos estudando as alegacións sen descanso ao longo de todo o día de onte e esta noite, e consideramos que falta fundamentación nalgunhas alegacións.
O Alcade de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiron o acto de entrega dos premios do XIV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.
O Alcalde felicitou aos gañadores pola “calidade dos seus traballos” e agradeceulles o esforzo de plasmar “imaxinación e sentimentos” nos seus escritos.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, acompañado polo xerente de Urbaser, Juan Ángel Moreno, presentou unha nova campaña informativa do Concello de Lugo para concienciar á cidadanía da importancia de respectar os horarios de baixada e recollida do lixo na cidade.
Este martes 16 de decembro ás 12:30 horas quedou constituído o VI Goberno Municipal Infantil, en presenza de numerosos representantes da Corporación local.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou aos estudantes do primeiro curso de Bacharelato do I.E.S Politécnico de Lugo, o proceso que o Concello lucense segue para elaborar e aprobar os orzamentos municipais.
Sonia Méndez explicoulles que os orzamentos do Concello para 2009, que ascenden a 105 millóns de euros, son uns orzamentos contidos e axustados aos tempos de crise que estamos a atravesar, pero adaptados ás necesidades previsibles para o vindeiro ano, coa fin de beneficiar á cidadanía e contribuir a que a cidade siga avanzando e modernizándose.
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, foi a encargada de presentar axornada Liderando na empresa: Claves para liderar con eficacia, que se programou dende o Centro de Empresas e Innovación (CEI) que depende da súa área.
Esta xornada de 8 horas está dirixida a directivos e xerentes de empresa, responsables de equipos de traballo, responsables de RRHH e formación, emprendedores, e a todas aquelas persoas interesadas en potenciar a súa capacidade de liderado.
Presentou a cea de Noiteboa e Fin de Ano que o Concello organiza para persoas soas
A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a programación que a súa Concellería porá en marcha para este Nadal 2008.
Esta mañana tuvo lugar en el Ayuntamiento de Lugo la presentación oficial del VII Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que se disputará en esta edición del 26 al 28 de diciembre, en su 1ª fase, y del 2 al 4 de enero del nuevo año con su segunda fase. En total serán 98 equipos los participantes en las categorías benjamín, alevín, infantil y cadete, y con más de 1100 deportistas participando.
A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentaron as liñas xerais do Plan Xeral de Ordenación Municipal aos membros da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo.
O Concello de Lugo, dende a súa Concellería de Muller e Benestar Social, e a asociación Lóstregos Lucus continúan coa súa campaña de Xoguetes en Movemento para nenos e nenas con poucos recursos económicos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1639
- 1640
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- 1645
- 1646
- 1647
- …
- seguinte ›
- última »