A revista Foeminas comeza o ano presentando o seu número de xaneiro con novas seccións e con renovados debates. Por iso, este número presenta a sección Fale dela, coa que se intenta dar a coñecer un enfoque diferente sobre as mulleres desde a perspectiva masculina.
Neste primeiro número do 2009 publícase o artigo de Rafael Chávez Fuyola sobre a súa nai: Encarnación Fuyola Miret, unha loitadora esquecida. O obxectivo deste espazo é brindarlle, xunto as palabras do seu fillo, unha homenaxe.

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron a programación da novena edición da Mostra de Teatro Clásico, que xa é un referente no calendario cultural da cidade tras oito anos de éxito de público e que, tal e como manifestou a edil, “consolídase non só a nivel da cidade senón a nivel galego, e das comunidades autónomas limítrofes.Desexamos que se consolide como a gran mostra de teatro clásico do noroeste”.
Concepción Burgo destacou a extraordinaria calidade destas producións teatrais que achegarán a cidade as
La Fundación CETAL incorporará en enero un responsable del departamento administrativo y financiero, un técnico para I+D+i y otro para servicios técnicos y sistemas tecnológicos.

Mañá sábado 17 de xaneiro celébrase a tradicional Carreira Noctura de Reis na praza Horta do Seminario de Lugo a partir das 19:00 horas. Esta carreira supón a segunda carreira do circuíto Corre con Nós desta edición 2008/2009.
Estas probas son unha das convocatorias deportivas máis importantes de Lugo, cun renome nacional e cunha estrutura que está a ser copiada por outras competicións do territorio español.
A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o gasto de 15.539 euros para a realización das asesorías xuvenís que dependen da Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.
O obxectivo do Goberno Local e axudar aos mozos e mozas lucenses coas dúbidas que lles poden xurdir con temas de emprego, a vivenda, aos estudos postobrigatorios, etc. En definitiva, coa súa incorporación ao mundo adulto xera na mocidade unha serie de inquedanzas ás que non sempre atopan solución.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, entregaron esta mañá os diplomas acreditativos do seu traballo aos 27 participantes do proxecto PILES que estiveron a traballar para a recuperación do parque de Paxariños.
Dende febreiro do 2007 participaron nos diferentes módulos do proxecto un total de 30 persoas: un carpinteiro, oito albañiles, 6 canteiros e 9 xardineiros.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá a adxudicación á
empresa Desguaces Ceao a venta para chatarra dun total de 210 vehículos que se atopan no depósito municipal por total de 5.220 euros.
O Voceiro do Goberno Local, José Rábade, explicou que se trata de vehículos retirados das rúas da cidade unha vez que os servizos municipais comprobaron o seu estado de abandono cumpríndose os prazos establecidos pola lei (para que se poida denunciar esta situación debe transcorrer un mínimo de un mes) e habéndose notificado aos seus propietarios.
O Convenio Lugo Cultural continuará o xoves 22 de xaneiro cun novo ciclo de concertos da serie Lubicán, cos que se pretende achegar ao público lucense a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións.
Dende agora, o ciclo desenvolverase todos os cuartos xoves de mes entre xaneiro e maio e entre outubro e decembro.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou esta mañá unha nova edición da campaña de almorzos saudables englobada dentro do programa Non só comas, aliméntate que o Concello de Lugo ven desenvolvendo dende o ano 2004.
Zarzuela explicou que “agardo que como en anos anteriores, a sexta edición desta actividade sexa un éxito”.
A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza para a vindeira semana as VI Xornadas de achegamento ao tear tradicional e artesanía da lá. Esta actividade, que terá lugar entre as 9:30 e as 13:00 horas do 19 ao 23 de xaneiro no Centro Social Municipal de Fingoi, está dirixida a nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria.
O obxectivo é contribuir ao fomento do valor da cultura galega favorecendo ao coñecemento das tradicións e contribuir a preservalas entre os máis novos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1636
- 1637
- 1638
- 1639
- 1640
- 1641
- 1642
- 1643
- 1644
- …
- seguinte ›
- última »