A Xunta de Compras do Concello de Lugo aprobou o investimento de 49.970 euros en tres das obras subvencionadas polo Fondo Estatal de Investimento Local que mellorarán os contornos e espazos públicos urbanos de diferentes zonas da cidade:
- Rotonda da Avenida Carvalho Calero
- Encontro da Avenida de Madrid coa Ronda das Mercedes e Ronda de Fingoi
- Zona verde da rúa Miguel de Cervantes.
Estas tres actuacións, aprobadas a pesar da abstención do BNG, inclúense dentro dos 79 proxectos aprobados dentro do Fondo Estatal de Investimento Local para o ano 2009 e que propiciarán

As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentaron a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2009.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela xunto ao presidente da Asociación Carballeira de Nadela, Manuel González.
Esta feira terá lugar o domingo 15 de febreiro desde ás 9:00 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os postos de venta ao público. O obxectivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os gandeiros da comarca.

Lugo será a sede esta fin de semana do Campionato Galego Infantil de Natación 2009. A proba foi presentada na Casa do Concello polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, o Delegado da Consellería de Deportes, Juan José Molina, e o vicepresidente do Club Fuvial, José Vázquez.
O Concelleiro explicou que fai sete anos que a proba non se celebra na cidade, cando foi na piscina municipal de Frigsa.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantiveron unha xuntanza de traballo coa xunta directiva da Asociación Empresarial Textil da provincia de Lugo para coñecer de primeira man a súa situación no momento de crise económica actual.
O Alcalde explicoulles as medidas de contención económica adoptadas polo Concello e que inclúen a conxelación dos principais impostos municipais -IBI e IVTM- e de taxas relacionadas co apoio ás persoas, como o gasto en Axuda no Fogar.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a un grupo de graduados de diferentes países de América do Sur que están a realizar en Santiago de Compostela un postgrado de dous meses sobre Ciencias da familia: Familia e novas tecnoloxías.
Nesta xornada visitaron o Concello de Lugo como cidade que forma parte do programa de cidades educadoras.

As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Muller e Benestar social, Carmen Basadre, presentaron a programación de actividades que o Concello porá en marcha para este entroido 2009.
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou a Feira do Entroido de Nadela xunto ao presidente da Asociación Carballeira de Nadela, Manuel González.
Esta feira terá lugar o domingo 15 de febreiro desde ás 9:00 horas. Unha carpa instalada na carballeira de Nadela albergará os postos de venta ao público. O obxectivo desta feira é promocionar os produtos de horta e cortello dos agricultores e os gandeiros da comarca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1614
- 1615
- 1616
- 1617
- 1618
- 1619
- 1620
- 1621
- 1622
- …
- seguinte ›
- última »